Sardiña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
en revision e amplicación
Xoio (conversa | contribucións)
Sigo agrandando
Liña 22: Liña 22:
| binomial_authority = [[Johann Julius Walbaum|Walbaum]], 1972 <ref name=W1/>
| binomial_authority = [[Johann Julius Walbaum|Walbaum]], 1972 <ref name=W1/>
| synonyms =
| synonyms =
* ''Alosa pilchardus'' <small>(Walbaum, 1792)</small> <ref name=W2>[http://marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=126421 ''Sardina pilchardus''] en WORMS.</ref>
:Referencia: <ref name=W2>[http://marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=126421 ''Sardina pilchardus''] en WORMS.</ref>
* ''Alosa pilchardus'' <small>(Walbaum, 1792)</small>
* ''Arengus minor'' <small>[[Cornide Saavedra|Cornide]], 1788</small>
* ''Arengus minor'' <small>[[Cornide Saavedra|Cornide]], 1788</small>
* ''Clupanodon sardina'' <small>Risso, 1827</small>
* ''Clupanodon sardina'' <small>Risso, 1827</small>
Liña 33: Liña 34:
* ''Sardina pilchardus sardina'' <small>(Risso, 1827)</small>
* ''Sardina pilchardus sardina'' <small>(Risso, 1827)</small>
}}
}}
[[Ficheiro:Sardina pilchardus Gervais.jpg|miniatura|250px|Debuxo dunha sardiña, por Gervais, no que se poden ver algunhas das súas caracteristicas.]]

A '''sardiña''', ''Sardina pilchardus'' (Walbaum, 1792), é un [[osteíctios|peixe osteíctio]] mariño da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[clupeidos]], dentro da orde dos [[clupeiformes]], sendo o único representante do [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Sardina'''''.
A '''sardiña''', ''Sardina pilchardus'' (Walbaum, 1792), é un [[osteíctios|peixe osteíctio]] mariño da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[clupeidos]], dentro da orde dos [[clupeiformes]], sendo o único representante do [[xénero (bioloxía)|xénero]] '''''Sardina'''''.


Cando as sardiñas son pequenas denomínanse '''xoubas''' nas [[rías Baixas]] (mñáis ou menos, de [[Fisterra]] para abaixo),<ref>Ríos Panisse recolle de Cornide, Cuveiro, Valladares ou Crespo Pozo o nome de ''xouba'' para o [[bocarte]] (''Engraulis encrasicolus''), probablemente a causa dun erro de identificación polas semellanzas entre as dúas especies.</ref> e '''parrochas''' nas [[rías Altas]] (máis ou menos, de Fisterra para arriba).
Cando as sardiñas son pequenas denomínanse '''xoubas''' nas [[rías Baixas]] (máis ou menos, de [[Fisterra]] para abaixo),<ref>Ríos Panisse recolle de Cornide, Cuveiro, Valladares ou Crespo Pozo o nome de ''xouba'' para o [[bocarte]] (''Engraulis encrasicolus''), probablemente a causa dun erro de identificación polas semellanzas entre as dúas especies.</ref> e '''parrochas''' nas [[rías Altas]] (máis ou menos, de Fisterra para arriba).


A sardiña captúrase con [[arte (pesca)|artes de cerco]] e de enmalle ou deriva ([[xeito]]), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, [[afumado|afumada]], [[salgadura|salgada]] ou en [[conserva]]. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, hoxe diversificada noutras especies de [[peixe]]s e [[moluscos]].
A sardiña captúrase con [[arte (pesca)|artes de cerco]] e de enmalle ou deriva ([[xeito]]), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, [[afumado|afumada]], [[salgadura|salgada]] ou en [[conserva]]. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, iniciada na segunda metade do [[século XVIII]] polos chamados ''fomentadores da pesca'' cataláns,<ref>Vilar Rodríguez, Margarita (2006): "Éxito y ocaso de una saga de negociantes catalanes en Galicia: la Casa de Comercio Francisco Ferrer y Albà (1750-1860)", ''Cuadernos de Estudios Gallegos'', Vol.53, nº'''119'': 5-335. [http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/11/8 Ver texto completo en PDF]</ref> <ref>"La guerra por la sardina. Pleito gallego-catalán sobre artes de pesca en las costas de Galicia desde 1.750 a 1.890", en Vila Sánchez, Jesús: [http://jesusvilasanchez.webcindario.com/salazon.htmlhttp://jesusvilasanchez.webcindario.com/salazon.html Ares. La pesca de la sardina]</ref> e hoxe diversificada noutras especies de [[peixe]]s e [[moluscos]].


==Características==
==Características==
As principais características definitorias da sardiña son as segunites:<ref name=BP>Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982), p. 100.</ref>

* [[Corpo]] alongado e de sección ovalada, algo comprimido lateralmente. Xeralmente de pequenas dimensións, de 10 a 25 cm de lonxitude, aínda que poden chegar ata os 25 cm.


* Coloración azulada ou verdosa no dorso cos flancos e o ventre prateados. Ás veces pódense ver nos flancos unha liña de pequenas manchas negrasa que recoda ás das [[zamborca]]s.
As sardiñas son de corpo alongado e sección ovalada, algo comprimida lateralmente. Xeralmente son de pequenas dimensións (10-25 cm de comprimento). A talla mínima é de 11 cm.


* [[escama de peixe|Escamas]] de tipo [[escama de peixe|cicloide]], desiguais, unhas grandes, que se desprenden con facilidade e que ocultan a outras más pequenas, que están debaixo. [[Liña lateral]] lonxitudinal, oculta por unha serie de 30 escamas. Quilla ventral, aparentemente lisa, formada por escamas carenadas.
A cor é azul verdosa no dorso e prateada nos costados e no ventre, este moito máis claro. No lombo poden observarse pequenas manchas máis ou menos aliñadas. As [[escama de peixe|escamas]] son grandes e na liña ventral forman unha quilla. O opérculo mostra estrías lonxitudinais.


* [[Opérculo (peixes)|Opérculo]] con estrías lonxitudinais dispostas radialmente. [[Boca]] con [[dente]]s moi pequenos en ambos os maxilares, e sen eles no vómer. Os maxilares son curtois, case iguais (a mandíbula sobresae só un pouco do maxilar superior), e chegan ata o terzo anterior dos [[ollo]]s, que están cubertois por [[pálpebra]]s [[tecido adiposo|adiposas]] ben desenvolvidas.
Caracterízanse por posuíren unha única [[aleta]] dorsal, que nace por diante da metade do corpo; este carácter serve para diferencialo do arenque, coa aleta dorsal máis posterior: se se toma o peixe pola aleta, a sardiña bascula cara atrás e o arenque cara adiante. As aletas dorsal e anal carecen de [[espiña (zooloxía)|espiñas]]. As aletas ventrais ou pelvianas nacen en posición posterior á dorsal, e a caudal é bifurcada.


* Unha única [[aleta|aleta dorsal]], situada case no centro do lombo, algo máis cerca da [[cabeza]] que do [[aleta|pedúnculo caudal]], carácter que serve para diferenciar a sadiña do [[arenque]], que ten a aleta dorsal en posición máis posterior: se se toma o peixe pola aleta caudal, a sardiña bascula cara atrás e o arenque cara adiante. As [[aleta|aletas pelvianas]] están inseridas á altura do medio da aleta dorsal. Todas as aletas carecen de raios espiñentos.
[[Boca]] con [[dente]]s moi pequenos nas maxilas, e sen dentes no vómer. [[Maxila]] curta, algo máis saínte cá superior.


Especies semellantes son o [[arenque]] (''Clupea harengus''), a [[alacha]] (''Sardinella aurita'') e o [[trancho]] (''Sprattus sprattus'').
Son especies semellantes á sardiña o [[arenque]] (''Clupea harengus''), a [[alacha]] (''Sardinella aurita'') e o [[trancho]] (''Sprattus sprattus'').


==Hábitat e bioloxía==
==Hábitat e bioloxía==
Liña 63: Liña 67:


===Etimoloxía===
===Etimoloxía===
O nome do xénero, ''Sardina'', deriva do [[latín|latín tardío]] ''sardina'', diminutivo de ''sarda'' (nome co que se coñecía a especie ''[[Sarda sarda]]'', o '''bonito alistado'''), termos probablemente de orixe [[lingua grega|grega]]: σάρδη ''sárdē'', σαρδήνη ''sardénē'', σαρδῖνος ''sardĩnos''. Tradicionalmente asóciase o termo coa illa mediterránea de [[Sardeña]] (en latín ''Sardinia'', en grego antigo Σαρδώ ''Sardó''), cerca da que probablemente se capturarían estes peixes, o que resulta historicamente bastante inverosímil: segundo Klein «é moi pouco probable que os antigos gregos pescaran tan lonxe de onde vivían daquela, en tempos de [[Aristóteles]], de quen [[Ateneo de Naucratis|Ateneo]] cita unha pasaxe na que o filósofo fala do peixe σαρδῖνος ''sardĩnos''».<ref>Harper, Douglas (2001–2012): [http://www.etymonline.com/index.php?search=sardine&searchmode=term "sardine"] en Online Etymology Dictionary.</ref> Por iso outros etimoloxistas pensan que máis ben derive do latín tardío ''(lapis) sardinus'', a "(pedra de) Sardes", do grego σάρδινος (λίθος) ''sárdinos (líthos)'', unha variedade de cor vermella alaranxada da calcedonia, similar pero máis escura que a cornalina, talvez de [[Sardes]] (en grego Σάρδεις ou Σάρδις), capital do [[reino de Lidia]], en [[Asia Menor]].<ref>Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.</ref>

En canto á orixe do epíteto específico, ''pilchardus'', ten menos dúbida: obviamente deriva do [[lingua inglesa|inglés]] ''pilchard'', "sardiña".

===Primeiro nome===
O primeiro [[nome científico]] da sardiña débese ao famoso [[ilustración|ilustrado]] galego [[Cornide Saavedra|Joseph Cornide]] que, en [[1788]], lle deu o de ''Arengus minor''. Porén, e a pesar de que asegura no título da súa monografía ''Ensayo de una historia de los peces (...)'' o libro estaba ''arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo'', Cornide non segue sempre a [[Linneo]] no tocante á [[nomenclatura binomial]] que establecera algúns anos antes o afamado médico e botánico sueco, xa que ''Arengus minor'' aparece só na páxina 244, dentro do ''segundo índice'', onde dá os nomes galegos das especies descritas (por certo, para el esta se denominaría ''sardina'', en castelán), mentres que na parte descritiva (páxinas 91-92) o peixe figura con nome prelinneano de ''Arengus minor maxîllis æqualibus'' (algo así como "arenque pequeno cos maxilares iguais").<ref name=C>Cornide, J. (1788), pp. 91-92 e 244.</ref>

Seguramente por iso a [[comunidade científica]] recoñeceu como descritor da especie ao [[Alemaña|alemán]] [[Walbaum]], que o fixo catro anos máis tarde.<ref>Walbaum, J. J. (ed.) (1792): ''Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3.'' Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae,</ref> e poucos son os autores que hoxe en día recoñecen nome cornidiano, que foi declarado obsoleto polos expertos, como sinónimo (só, entre a bibliofgrafía consultada, fano o [[Francia|francés]] Bauchot,<ref name=BP/> e o ''World Register of Marine Species'' <ref name=W2/>).


===Cambios do nome===
===Cambios do nome===
Despois do nome de Cornide, a especie foi coñecida durante moito tempo como ''Clupea pilchardus'', un dos nomes empregados por Walbaum (tamén usou os de ''Alosa pilchardus'' e ''Clupea harengus pilchardus'', como subespecie do [[arenque]]). Por tanto, vemos que o introdutor do nome específico ''pilchardus'' foi este autor.

Pero en [[1904]] o [[ictioloxía|ictiólogo]] e [[ecoloxía|ecólogo]] [[Romanía|romanés]] [[Grigore Antipa]] describiu unha ''nova especie'' de peixe, para a que creou un novo xénero, ''Sardina'', denominándoa ''Sardina dobrogica'' (é dicir, a "sardiña da [[Dobruxa]]"). Máis tarde, os especialistas comprobaron que se trataba da mesma especie que a ''Clupea pilchardus'' descrita por Walbaum en [[1792]], así que o seu nome pasou a ser ''Sardina pilchardus'' (Walbaum, 1792), a nosa popular sardiña. Como vemos, o novo xénero, diferenciado de ''Clupea'', mantívose.


==Outras sardiñas==
==Outras sardiñas==
Liña 84: Liña 99:


===Pesca===
===Pesca===
En Galicia o tamaño mínimo legal para a súa captura é de 11 cm.<ref>Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. [http://www.pescadegalicia.com/ Pescadegalicia.com. Plataforma tecnolóxica da pesca]</ref>

===Uso culinario===
===Uso culinario===
[[Ficheiro:Sardinas a la plancha- Cádiz - 2009.jpg|Sardiñas asadas|miniatura]]
[[Ficheiro:Sardinas a la plancha- Cádiz - 2009.jpg|Sardiñas asadas|miniatura]]
Liña 130: Liña 145:


===Bibliografía===
===Bibliografía===
* Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): ''Guía de los peces de mar de EWspaña y Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
* Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): ''Guía de los peces de mar de España y Europa''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
* Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): ''Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date.'' [[FAO]]: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77-81.
* Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): ''Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date.'' [[FAO]]: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77-81.
* Cornide, Joseph (1778): ''Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican''. [http://books.google.es/books?id=MYY-AAAAcAAJ&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false Ver en liña].
* Cornide, J. (1778): ''Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican''. [http://books.google.es/books?id=MYY-AAAAcAAJ&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false (Ver en liña)].
* Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
* Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
* Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): ''Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
* Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): ''Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo''. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
Liña 153: Liña 168:
{{Produtos da pesca comerciais}}
{{Produtos da pesca comerciais}}
[[Categoría:Clupeiformes]]
[[Categoría:Clupeiformes]]

[[cy:Sardîn]]
[[en:Sardine]]
[[fa:ساردین]]
[[ht:Sadin]]
[[ko:정어리]]
[[ml:മത്തി]]
[[nl:Sardina pilchardus]]
[[ru:Сардина европейская]]

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2013 ás 13:58

Sardiña
Sardina pilchardus

Sardiñas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Clupeinae
Xénero: Sardina
Antipa, 1904 [1]
Especie: S. pilchardus
Nome binomial
Sardina pilchardus
Walbaum, 1972 [1]
Sinonimia
Referencia: [2]
  • Alosa pilchardus (Walbaum, 1792)
  • Arengus minor Cornide, 1788
  • Clupanodon sardina Risso, 1827
  • Clupea harengus pilchardus Walbaum, 1792
  • Clupea laticosta Lowe, 1843
  • Clupea pilchardus Bloch, 1795
  • Clupea pilchardus Walbaum, 1792 (sinón.)
  • Clupea sardinia Lowe, 1837
  • Sardina dobrogica Antipa, 1904
  • Sardina pilchardus sardina (Risso, 1827)
Debuxo dunha sardiña, por Gervais, no que se poden ver algunhas das súas caracteristicas.

A sardiña, Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, sendo o único representante do xénero Sardina.

Cando as sardiñas son pequenas denomínanse xoubas nas rías Baixas (máis ou menos, de Fisterra para abaixo),[3] e parrochas nas rías Altas (máis ou menos, de Fisterra para arriba).

A sardiña captúrase con artes de cerco e de enmalle ou deriva (xeito), durante a noite, e destínase a consumo en fresco, afumada, salgada ou en conserva. Abunda en todas as costas españolas e foi precisamente a riqueza en sardiña das augas galegas no que se baseou a industria conserveira galega, iniciada na segunda metade do século XVIII polos chamados fomentadores da pesca cataláns,[4] [5] e hoxe diversificada noutras especies de peixes e moluscos.

Características

As principais características definitorias da sardiña son as segunites:[6]

  • Corpo alongado e de sección ovalada, algo comprimido lateralmente. Xeralmente de pequenas dimensións, de 10 a 25 cm de lonxitude, aínda que poden chegar ata os 25 cm.
  • Coloración azulada ou verdosa no dorso cos flancos e o ventre prateados. Ás veces pódense ver nos flancos unha liña de pequenas manchas negrasa que recoda ás das zamborcas.
  • Escamas de tipo cicloide, desiguais, unhas grandes, que se desprenden con facilidade e que ocultan a outras más pequenas, que están debaixo. Liña lateral lonxitudinal, oculta por unha serie de 30 escamas. Quilla ventral, aparentemente lisa, formada por escamas carenadas.
  • Opérculo con estrías lonxitudinais dispostas radialmente. Boca con dentes moi pequenos en ambos os maxilares, e sen eles no vómer. Os maxilares son curtois, case iguais (a mandíbula sobresae só un pouco do maxilar superior), e chegan ata o terzo anterior dos ollos, que están cubertois por pálpebras adiposas ben desenvolvidas.
  • Unha única aleta dorsal, situada case no centro do lombo, algo máis cerca da cabeza que do pedúnculo caudal, carácter que serve para diferenciar a sadiña do arenque, que ten a aleta dorsal en posición máis posterior: se se toma o peixe pola aleta caudal, a sardiña bascula cara atrás e o arenque cara adiante. As aletas pelvianas están inseridas á altura do medio da aleta dorsal. Todas as aletas carecen de raios espiñentos.

Son especies semellantes á sardiña o arenque (Clupea harengus), a alacha (Sardinella aurita) e o trancho (Sprattus sprattus).

Hábitat e bioloxía

[[Ficheiro:|miniatura|Xoubas ou parrochas|miniatura|300px]] Son peixes peláxicos que forman frecuentemente grandes cardumes ou mansíos e alimentan importantes pescarías. A época da desova é a primavera e verán.

Viven en aguas costeiras, por riba dos 50 m de profundidade, desde os 12 aos 24 graos; en inverno busca augas máis profundas, ata 150 m. É un peixe típico do verán, pois aliméntase de plancto e larvas doutros peixes, e é nesta estación cando dispoñen de máis alimento. Por esta razón, as sardiñas do verán son máis gordas e graxas.

En Galicia, as capturas de sardiña concéntranse nos meses do verán, con cifras comprendidas entre 1,7 e case 2 millóns de quilogramos (datos de xuño a outubro de 2009) para descender bruscamente a cifras de 200.000 a 400.000 kg entre decembro e febreiro. A cifra total anual foi de 13.828.968 kg no ano 2009 [3].

O nome científico

Etimoloxía

O nome do xénero, Sardina, deriva do latín tardío sardina, diminutivo de sarda (nome co que se coñecía a especie Sarda sarda, o bonito alistado), termos probablemente de orixe grega: σάρδη sárdē, σαρδήνη sardénē, σαρδῖνος sardĩnos. Tradicionalmente asóciase o termo coa illa mediterránea de Sardeña (en latín Sardinia, en grego antigo Σαρδώ Sardó), cerca da que probablemente se capturarían estes peixes, o que resulta historicamente bastante inverosímil: segundo Klein «é moi pouco probable que os antigos gregos pescaran tan lonxe de onde vivían daquela, en tempos de Aristóteles, de quen Ateneo cita unha pasaxe na que o filósofo fala do peixe σαρδῖνος sardĩnos».[7] Por iso outros etimoloxistas pensan que máis ben derive do latín tardío (lapis) sardinus, a "(pedra de) Sardes", do grego σάρδινος (λίθος) sárdinos (líthos), unha variedade de cor vermella alaranxada da calcedonia, similar pero máis escura que a cornalina, talvez de Sardes (en grego Σάρδεις ou Σάρδις), capital do reino de Lidia, en Asia Menor.[8]

En canto á orixe do epíteto específico, pilchardus, ten menos dúbida: obviamente deriva do inglés pilchard, "sardiña".

Primeiro nome

O primeiro nome científico da sardiña débese ao famoso ilustrado galego Joseph Cornide que, en 1788, lle deu o de Arengus minor. Porén, e a pesar de que asegura no título da súa monografía Ensayo de una historia de los peces (...) o libro estaba arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo, Cornide non segue sempre a Linneo no tocante á nomenclatura binomial que establecera algúns anos antes o afamado médico e botánico sueco, xa que Arengus minor aparece só na páxina 244, dentro do segundo índice, onde dá os nomes galegos das especies descritas (por certo, para el esta se denominaría sardina, en castelán), mentres que na parte descritiva (páxinas 91-92) o peixe figura con nome prelinneano de Arengus minor maxîllis æqualibus (algo así como "arenque pequeno cos maxilares iguais").[9]

Seguramente por iso a comunidade científica recoñeceu como descritor da especie ao alemán Walbaum, que o fixo catro anos máis tarde.[10] e poucos son os autores que hoxe en día recoñecen nome cornidiano, que foi declarado obsoleto polos expertos, como sinónimo (só, entre a bibliofgrafía consultada, fano o francés Bauchot,[6] e o World Register of Marine Species [2]).

Cambios do nome

Despois do nome de Cornide, a especie foi coñecida durante moito tempo como Clupea pilchardus, un dos nomes empregados por Walbaum (tamén usou os de Alosa pilchardus e Clupea harengus pilchardus, como subespecie do arenque). Por tanto, vemos que o introdutor do nome específico pilchardus foi este autor.

Pero en 1904 o ictiólogo e ecólogo romanés Grigore Antipa describiu unha nova especie de peixe, para a que creou un novo xénero, Sardina, denominándoa Sardina dobrogica (é dicir, a "sardiña da Dobruxa"). Máis tarde, os especialistas comprobaron que se trataba da mesma especie que a Clupea pilchardus descrita por Walbaum en 1792, así que o seu nome pasou a ser Sardina pilchardus (Walbaum, 1792), a nosa popular sardiña. Como vemos, o novo xénero, diferenciado de Clupea, mantívose.

Outras sardiñas

Pesca e usos

Pesca

En Galicia o tamaño mínimo legal para a súa captura é de 11 cm.[11]

Uso culinario

Sardiñas asadas
Sardiñas en conserva
Pratos conmemorativos da Festa da Sardiña de Portonovo, Sanxenxo

Consómese tanto en fresco como en conserva, con numerosas formas de preparación na cociña. É un peixe azul por excelencia, con niveis de graxa en torno ó 6,3% ou máis no seu mellor momento, proporcionando unhas 134 calorías por 100 g. Pola súa riqueza en ácido omega-3, considérase un "protector" do corazón, en contra da crenza hoxe superada de que, por ser peixe graxo, incrementaba o colesterol. Tamén resulta especialmente rico en vitamina B12.

As xoubas ou as sardiñas en conserva, polo feito de comerse enteiras, coa espiña, constitúen unha interesante fonte de calcio e fósforo [12].

No caso das conservas, baixo a denominación sardina podían enlatarse diversas especies próximas. Desde o 2003, un Regulamento europeo [13] obriga a etiquetar como "conservas de sardiñas" só as elaboradas a partir da especie Sardina pilchardus, e como "conservas de produtos tipo sardiña" as elaboradas a partir doutras especies [14].

En Galicia

Referencias da súa presenza

Pesca

Festas gastronómicas

O verán é o tempo das sardiñadas e, probablemente, en tódolos pobos costeiros pódense degustar sardiñas á brasa. Numerosos concellos introduciron este peixe nas súas festas gastronómicas, das que as seguintes son só unha mostra:

  • Festa da xouba: o 25 de xullo en Rianxo.
  • Festa da sardiña:
  • Festa da sardiña lañada: o 8 de agosto en Cariño.

A sardiña na cultura popular galega

  • A muller e a sardiña, canto máis pequeniña, máis xeitosiña.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.
  • En abril, a sardiña val pernil.
  • En San Xoán, xa a sardiña molla o pan.
  • Por Santa Mariña pinga a sardiña.

Notas

  1. 1,0 1,1 Sardina en WORMS.
  2. 2,0 2,1 Sardina pilchardus en WORMS.
  3. Ríos Panisse recolle de Cornide, Cuveiro, Valladares ou Crespo Pozo o nome de xouba para o bocarte (Engraulis encrasicolus), probablemente a causa dun erro de identificación polas semellanzas entre as dúas especies.
  4. Vilar Rodríguez, Margarita (2006): "Éxito y ocaso de una saga de negociantes catalanes en Galicia: la Casa de Comercio Francisco Ferrer y Albà (1750-1860)", Cuadernos de Estudios Gallegos, Vol.53, nº'119: 5-335. Ver texto completo en PDF
  5. "La guerra por la sardina. Pleito gallego-catalán sobre artes de pesca en las costas de Galicia desde 1.750 a 1.890", en Vila Sánchez, Jesús: Ares. La pesca de la sardina
  6. 6,0 6,1 Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982), p. 100.
  7. Harper, Douglas (2001–2012): "sardine" en Online Etymology Dictionary.
  8. Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
  9. Cornide, J. (1788), pp. 91-92 e 244.
  10. Walbaum, J. J. (ed.) (1792): Petri Artedi sueci genera piscium in quibus systema totum ichthyologiae proponitur cum classibus, ordinibus, generum characteribus, specierum differentiis, observationibus plurimis: redactis speciebus 242 ad genera 52: Ichthyologiae pars 3. Ant. Ferdin. Röse: Grypeswaldiae,
  11. Xunta de Galicia. Consellería do Medio Rural e do Mar. Pescadegalicia.com. Plataforma tecnolóxica da pesca
  12. La sardina, fuente de fósforo, mineral fundamental para huesos y músculos [1].
  13. Regulamento (CE) nº 1181/2003, de 2 de xullo de 2003, que modifica o Regulamento (CEE) nº 2136/89, polo que se establecen normas comúns de comercialización para as conservas de sardiñas (DO nº L 165, de 3.07.2003).
  14. Sardinops melanosticus, S. neopilchardus, S. ocellatus, S. sagax, S. caeryleus; Sardinella aurita, S. brasiliensis, S. maderensis, S. longiceps, S. gibbosa; Clupea harengus, Sprattus sprattus, Hyperlophus vittatus, Nematalosa vlaminghi, Etrumeus teres, Ethmidium maculatum, Engraulis anchoita, E. mordax, E. ringens ou Opisthonema oglinum.
  15. [2].

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6.
  • Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77-81.
  • Cornide, J. (1778): Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican. (Ver en liña).
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  • Xunta de Galicia (1999): Guía do consumidor de peixe fresco. Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Outros artigos

Ligazóns externas