Tora: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: diq:Tewrate (deleted)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: diq:Tewrate
Liña 4: Liña 4:


[[Categoría:Xudaísmo]]
[[Categoría:Xudaísmo]]

[[diq:Tewrate]]

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2013 ás 13:44

A Torá (תורה) é unha verba hebrea que significa ensinanza, instrución, ou especificamente lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros da Tanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde ao Antigo Testamento cristián, coñecidos tamén como Os cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego na Septuaginta, como o Pentateuco (do grego πεντε, pente, ‘cinco’, o τευχος, teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban os pergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a Torá.

Os cinco libros son: Xénese (Bereishit בראשית), Éxodo (Shemot שמות), Levítico (Vaiicra ויקרא), Números (Bemidbar במדבר) e Deuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da Torá, estes cinco libros conforman o Pentateuco, Hamisha Humshei Torá (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da Torá"), ou simplemente Humash (חומש "quinto").