Xisulfo I de Friúl: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
[[Categoría:Finados en 581]]
[[Categoría:Finados en 581]]
[[Categoría:Duques de Friúl]]
[[Categoría:Duques de Friúl]]
[[Categoría:Duques longobardos]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2013 ás 16:14

Xisulfo de friúl, finado cara ao ano 581, foi un nobre longobardo, duque de Friúl.

Traxectoria

Era sobriño de Alboíno, o primeiro rei longobardo de Italia (era fillo do seu irmán Grasulfo). Antes de obter o título e de se establecer en Cividale do Friúl fora marpahis (escudeiro) do tío.

Logo da entrada dos longobardos en Italia, Alboíno instituíu en Cividale (daquela chamada Forum Iulii) o primeiro dos ducados nos que se había organizar o reino longobardo e confioullo ao seu sobriño. Nacía así o Ducado de Friúl. Segundo Paulo Diácono Xisulfo rexeitaría o cargo se Alboíno non lle consentise escoller as faras coas que se asentaría permanentemente na rexión[1].

Foi Xisulfo o primeiro duque?

Existe unha controversia sobre quen foi realmente o primeiro duque de Friúl: Segundo Paulo Diácono este foi Xisulfo, pero hai que di que realmente o primeiro foi Grasulfo.

Notas

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, II, 9.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía