Kaito Kuroba: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Elimino: ja (strong connection between (2) gl:Kaito Kuroba and ja:黒羽快斗),id (strong connection between (2) gl:Kaito Kuroba and id:Kaito Kuroba),zh (strong connection between (2) gl:Kaito Kuroba and zh:怪盗基德),f... |
||
Liña 44: | Liña 44: | ||
[[ar:كايتو كيد]] |
[[ar:كايتو كيد]] |
||
[[en:Kaito Kuroba]] |
[[en:Kaito Kuroba]] |
||
[[fr:Kaito Kid]] |
|||
[[ko:괴도 키드]] |
[[ko:괴도 키드]] |
||
[[id:Kid si Pencuri]] |
|||
[[it:Kaitou Kid]] |
|||
[[ja:怪盗キッド]] |
|||
[[th:จอมโจรคิด (ตัวละครในยอดนักสืบจิ๋ว)]] |
|||
[[vi:Phantom Thief Kid]] |
|||
[[zh:黑羽快斗]] |
Revisión como estaba o 6 de agosto de 2013 ás 07:08
Kaito Kuroba | |
---|---|
Personaxe de O detective Conan | |
Primeira aparición |
Manga, capítulo 156 Anime, episodio 78 |
Creado por | Gosho Aoyama |
Dobrado por |
Xaponés: Kappei Yamaguchi Galego: Raúl Dans (ep. 78 e 79) Chema Gagino (a partir do episodio 142 e película 8) Óscar Fernández (película 3) |
Perfil | |
Alcumes | Ladrón 1412 |
Pseudónimos | Caco Kid, o ladrón pantasma |
Idade | 17 |
Sexo | Masculino |
Data de nacemento | 21 de xuño |
Nacionalidade | Xapón |
Parentes coñecidos | Toichi Kuroba (pai) |
Kaito Kuroba (黒羽 快斗 Kuroba Kaitō?) ou Caco Kid é un personaxe ficticio da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.
Vida de Caco Kid
O ladrón pantasma
A pai de Kaito Kuroba, Toichi Kuroba, exercía no estranxeiro coma ladrón, obtendo tesouros sen empregar nunca a violencia. Un sobranceiro escritor, Yusaku Kudo (pai de Shinichi), coñecendo que a CIA, a Interpol e o FBI o chamaban ladrón 1412, xogou coas cifras numéricas ata obter o nome xaponés Caco Kid.
Logo da morte do seu pai por parte dunha organización clandestina (probablemente os Homes de Negro), Kaito asume o papel de ladrón para vingar a morte do seu pai, actuando no Xapón coma o ladrón pantasma. Ten como axudante a un amigo de seu pai, Ji, quen lle aconsella sobre os seus roubos e quen o intenta guiar polo bo camiño.
Inimizade con Shinichi Kudo
Caco Kid ten coma obxectivo secundario roubar a perla negra, en posesión da familia Suzuki. Cando Conan descobre que o ladrón argalla algo, desprázase ata o lugar do roubo para impedir o delito.
Kaito realiza os seus roubos con perspicacia e intelixencia. É moi observador e detalla os seus delitos ata o punto máis mínimo. As súas estratexias poden ir de disfrazarse de policía para enganar ós axentes ata desprazarse grazas a bengalas de luz.
Malia isto, Conan e Kid tampouco son tan diferentes. A principal diferenza é que un traza impensables roubos para lucir o seu caletre e o outro intenta detelos.
Mundo Kaito
Kaito tamén ten unha vida de estudante. Ó igual ca Shinichi, ten unha moza á que nunca lle confesou os seus sentimentos: Aoko Nakamori, que precisamente é filla do inspector da policía que sempre intenta deter a Kid, o inspector Nakamori.
Kaito pode contar coas predicións extrasensoriais da súa amiga Akako, quen adoita ter visión do que acontecerá. Un detective do mesmo talle ca Shinichi, Saguru Hakuba, tamén intenta deter os roubos do criminal da compaña da súa aguia Watson.