Stevie Chalmers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 34: Liña 34:
[[Categoría:Nados en 1936]]
[[Categoría:Nados en 1936]]
[[Categoría:Nados en Glasgow]]
[[Categoría:Nados en Glasgow]]
[[Categoría:Xogadores do Celtic FC]]

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2013 ás 23:56

Modelo:InfFut Steve Chalmers, nado en Glasgow o 26 de decembro de 1936, foi un xogador de fútbol escocés.

Ocupaba a demarcación de dianteiro centro e que destacou pola súa colaboración no fito máis importante do Celtic ó ser un dos integrantes daqueles Lisbon Lions que conseguiron a Copa de Europa no 1967.

Este xogador chegou a Celtic Park en febreiro de 1959 e dende aquel preciso intre vestiu a camisola do club en 406 ocasións logrando 228 goles sendo, sen lugar ás dúbidas, o máis salientable o acadado na final daquela Copa de Europa do 1967 que supuña o 2-1 prós escoceses e que sería definitivo pra outorgárlle-lo cetro máis prestixioso a nivel europeo. Tamén tivo grande sona o seu hat-trick conseguido na segunda metade dun Old Firm contra os eternos rivais, o Rangers, nun 3 de xaneiro do 1966.

Para a Selección escocesa de fútbol xogou en 5 ocasións logrando 3 goles salientando o tanto que acadou nun amigable fronte a Brasil en 1966 que rematou en táboas (1-1) en terreo escocés.

O seu fillo Paul Chalmers tamén chegou a xogar no Celtic anos despois.