Lemmings: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q864177
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|pe +|pé)
Liña 3: Liña 3:
|ficheiro =
|ficheiro =
|ancho =
|ancho =
|pe =
| =
|desenrolador =
|desenrolador =
|distribuidora = Psygnosis.
|distribuidora = Psygnosis.

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2013 ás 13:06

Lemmings
Desenvolvedor(es)Rockstar North
Distribuidora(s)Psygnosis.
Lanzamento1991.[1]
ClasificaciónPEGI: PEGI 3,.comprobar
ControisRato.
Na rede
IMDB: tt0856087 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lemmings é un videoxogo programado orixinariamente para a computadora Commodore Amiga, diseñado por DMA Design e publicado por Psygnosis no ano 1991 e que tivo versións en PC, así como en videoconsolas como NES, SNES, Master System, Mega Drive, Game Boy, PlayStation ou PSP.

Características

O xogo situase entre o puzzle e a estratexia en tempo real, e consiste en controlar unhas unidades (os lemmings) conducíndoas a través de diversos obstáculos (barrancos, paredes, montañas...) e co obxectivo de chegar a unha posición final. Estas unidades están capacitadas para realizar unha serie de accións, entre as que se encontran as de construír escaleiras, bloquear o paso a outros lemmings, lanzarse en paracaídas, etc. Tamén teñen a opción de suicidarse (suponse para o caso de que sexa imposible terminar a partida por perder demasiados lemmings).

No momento da creación de Lemmings había unha conciencia crecente dos dereitos de autor da música, por iso a maioría dos temas son arranxos e regravación de clásicos (de dominio público) para evitar problemas de copyright, de autores coma Offenbach, Mozart, Tchaikovsky, Chopin ou Wagner.

Pingus é unha variante GNU de Lemmings.

Este xogo tamén estivo dispoñible para os ordenadores Atari ST.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas