Matsuo Basho: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 24: Liña 24:
== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:MatsuoBasyoSeika.jpg|miniatura|esquerda|Suposto lugar de nacemento de Bashō, na [[Provincia de Iga]].]]
[[Ficheiro:MatsuoBasyoSeika.jpg|miniatura|esquerda|Suposto lugar de nacemento de Bashō, na [[Provincia de Iga]].]]
Naceu nunha familia de orixe [[samurai]]. Aínda neno (9 anos) veu a ser paxe de Tōdō Yoshitada, un potentado local, dous anos mais vello que el, con grande interese no ''haikai no renga''. En común, tiñan o amor pola poesía e as ensinanzas que recibiron dos grandes mestres da época. En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.
Bashō naceu en 1644, preto de [[Ueno]], na [[Provincia de Iga]].<ref name="Kokusai 1948, p. 246">Kokusai 1948, p. 246</ref>. O seu pai era un [[samurai]] de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.<ref>Carter 1997, p. 62</ref> Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de {{nihongo|Tōdō Yoshitada|藤堂 良忠}}, con quen compartía o amor polo ''[[Renku|haikai no renga]]'', unha forma de composición poética colaborativa.<ref>Ueda 1982, p.20</ref> En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.


En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual [[Toquio]]), en [[1672]], Bashō edita unha antoloxía, ''Kai Ooi'', que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron ''Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei''(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).
En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual [[Toquio]]), en [[1672]], Bashō edita unha antoloxía, ''Kai Ooi'', que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron ''Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei''(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2013 ás 19:11

Modelo:Caracteresxaponeses

Matsuo Basho (松尾 芭蕉)
Ficheiro:MatsuoBashoChusonji.jpg
Nome completo金作
Alcume甚七郎, 甚四郎 e 俳聖
Nacemento1644
 Preto de Ueno, Provincia de Iga
Falecemento28 de novembro de 1694 (50 anos)
 Osaka[1]
SoterradoGichū-ji
NacionalidadeXapón
EtniaPobo xaponés
Ocupaciónpoeta e escritor
Xénerospoesía
Coñecido/a porOku no Hosomichi, The Seashell Game e Nozarashi kikō
Na rede
Musicbrainz: 97894d11-10c1-41b4-9026-1b49f5dc17c5 IMSLP: Category:Matsuo,_Bashō Find a Grave: 201274929 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Matsuo Bashō (松尾 芭蕉?), nado como Matsuo Kinsaku (松尾 金作?) preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés do período Edo, coñecido principalmente polo xénero de poemas curtos chamados haiku. Tamén é coñecido como Matsuo Chūemon Munefusa (松尾 忠右衛門 宗房?).[2][3]

Durante a súa vida, Bashō foi recoñecido polo seu traballo na forma colaborativa haikai no renga; hoxe, é considerado un gran mestre do haiku (daquela chamado hokku). A súa poesía ten sona internacional, e no Xapón moitos dos seus poemas son reproducidos en monumentos e lugares tradicionais. Porén, Bashō é máis famoso en occidente polo seu hokku, que el mesmo cría o seu mellor traballo, e por participar no renku. Nunha cita súa dicía, “Moitos dos meus seguidores poden escribir hokku tan ben coma min. Onde amoso realmente quen son é unindo versos haikai.”[4]

Bashō comezou na poesía sendo moi novo, e despois de integrarse a si mesmo na escena intelectual de Edo (moderna Toquio), converteuse axiña nunha persoa moi coñecida en todo o Xapón. Traballou como mestre, pero renunciou ó contacto social cos círculos da literatura e da vida urbana. Adoitaba viaxar por todo o país para conseguir a inspiración que precisaba para escribir. Os seus poemas están influenciados polas experiencias de primeira man do mundo que o rodeaba, engaiolando o sentir dun momento cuns poucos elementos sinxelos.

Traxectoria

Suposto lugar de nacemento de Bashō, na Provincia de Iga.

Bashō naceu en 1644, preto de Ueno, na Provincia de Iga.[5]. O seu pai era un samurai de baixo rango, que lle asegurou a Bashō un porvir no mundo militar, pero non a oportunidade dunha vida notable. Os biógrafos din que traballou nas cociñas.[6] Aínda neno (9 anos), Bashō converteuse en servente de Tōdō Yoshitada (藤堂 良忠?), con quen compartía o amor polo haikai no renga, unha forma de composición poética colaborativa.[7] En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.

En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entre tanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Toquio), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Bashó, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque,

Xaponés Transliteración Tradución[8]
古池や
蛙飛びこむ
水の音
Furu ike ya  
kawazu tobikomu  
Mizu no oto  
Nun vello tanque  
Salta unha rá  
Ruído da auga  

e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku [9].

Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:

Xaponés Transliteración Tradución
旅に病で
夢は枯野を
かけ廻る
tabi ni yande  
yume wa kareno wo  
kakemeguru  
Doente na viaxe  
paséome en soños  
por campos murchos  

Estilo

Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.[10]

"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"

"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron"[11]

Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) no sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.

Obras

Monumento cun poema de Bashō, en Yokkaichi (Mie).
  • Kaio (1672)
  • Minashiguri (1683)
  • Nozarashi Kiko(1684)
  • Fuyu no Hi (1684)
  • Haru no Hi (1686)
  • Kashima Kiko (1687)
  • No Kobumi de Verdad, ou Utatsu Kiko (1688)
  • Kiko Sarashina (1688)
  • Arano (1689)
  • Hisago (1689)
  • Sarumino (1689)
  • Saga Nikki (1691)
  • Basho no Utsusu kotoba (1691)
  • Heiko no Setsu (1692)
  • Sumidawara (1694)
  • Betsuzashiki (1694)
  • Oku no Hosomichi (1694)
  • Zoku Sarumino (1698)

Oku no hosomichi (Sendas de Oku) é un libro de viaxes, que en cada páxina contén un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.

Notas

  1. Louis Frédéric, Japan Encyclopedia, Harvard University Press, 2002, p. 71.
  2. "松尾芭蕉" (en xaponés). The Asahi Shimbun Company. Consultado o 22 de novembro de 2010. 
  3. "芭蕉と伊賀上野". 芭蕉と伊賀 Igaueno Cable Television. Consultado o 22 de novembro de 2010. (en xaponés)
  4. Drake, Chris. 'Bashō’s “Cricket Sequence” as English Literature', in Journal of Renga & Renku, Issue 2, 2012. p7
  5. Kokusai 1948, p. 246
  6. Carter 1997, p. 62
  7. Ueda 1982, p.20
  8. Existen moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcribe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza [1]
  9. Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 días, percorridos a pé.
  10. Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50
  11. "Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Ligazón AB Modelo:Ligazón AB