Dedo maior: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q167131
m engado denominación segundo DRAG
Liña 20: Liña 20:
| DorlandsID =
| DorlandsID =
}}
}}
'''Dedo medio''', '''dedo do medio''' ou '''pai de todos''' é un [[dedo]] [[quirodáctilo]] situado na rexión central da [[man]], entre o [[dedo índice]] e o [[dedo anular|anular]].
'''Dedo medio''', '''dedo do medio''', '''maior''' ou '''pai de todos''' é un [[dedo]] [[quirodáctilo]] situado na rexión central da [[man]], entre o [[dedo índice]] e o [[dedo anular|anular]].


== Como xesto obsceno ==
== Como xesto obsceno ==

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2013 ás 15:11

Dedo medio
Latín digitus medius

Dedo medio, dedo do medio, maior ou pai de todos é un dedo quirodáctilo situado na rexión central da man, entre o dedo índice e o anular.

Como xesto obsceno

Na cultura occidental este xesto popular é utilizado para ofender. Na Grecia Antiga o dedo medio estendido coñecíase como κατάπυγον (katapugon, de kata -κατά-, "para baixo" e pugē -πυγή- "nádegas") e as primeiras referencias deste dedo estendido para insultar outra persoa aparecen na comedia grega antiga, onde o termo katapugon tamén significaba "un home (ou unha muller, katapugaina) que se somete a penetración anal.

Este dedo tamén aparece nomeado como impudicus digitus (dedo atrevido) en antigos escritos romanos e ese uso probabelmente se xeneralizou en moitas culturas debido á influencia xeográfica do Imperio Romano e a civilización greco-romana. Outra posíbel orixe dese xesto pode encontrarse no século I no Mediterráneo, onde estender o dedo foi un dos moitos métodos usados ​​para desviar a ameaza sempre presente do mal de ollo.