Síux: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado información da en.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da en.wiki
Liña 12: Liña 12:


Ver [[Lakota]].
Ver [[Lakota]].

== Lingüística ==
{{AP|Lingua sioux|Lingua lakota|Lingua dakota}}
[[Ficheiro:Chief Bone Necklace-Oglala Lakota-1899 Heyn Photo.jpg|miniatura|Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da [[Reserva india Pine Ridge]] (1899)]]
Os sioux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

# '''[[Lingua dakota|Dakota oriental]]''' (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
#* Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
#* Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
# '''[[Lingua dakota|Dakota occidental]]''' (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
#* Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
#* Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
# '''[[Lingua lakota|Lakota]]''' (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Sioux)

As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua sioux (''Lakota'', ''Dakota'' e ''Nakota'') como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes<ref name="PD">{{cita novas|last=Parks |first= D. R.|coauthors=DeMallie, R. J.|year=1992|título=Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification |journal=Anthropological Linguistics |volume= 34|issue= 1–4 }}</ref> amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo ''Nakhóta'', senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (''Dakȟóta'').

Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o sioux a terceira lingua. O sioux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como ''Nakhóta'' ou ''Nakhóda''.<ref name="NLD"/>

O termo ''Dakota'' ten sido polos [[antropoloxía|antropoloxistas]] e membros do goberno para referirse a tódolos grupos sioux, dando como resultado nomes como ''Teton Dakota'', ''Santee Dakota'', etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa ''Sioux''.


== Activismo no século XX ==
== Activismo no século XX ==

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2013 ás 10:19

Os Sioux son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. Os sioux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Sioux que falaban tres variedades lingüísticas da lingua sioux, que incluía o lakota, santee e Yankton-Yanktonai.

O nome sioux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ottawa: na·towe·ssiwak, "sioux".

Divisións sociais

Santee

Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.

Lakota

Ver Lakota.

Lingüística

Artigos principais: Lingua sioux, Lingua lakota e Lingua dakota.
Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da Reserva india Pine Ridge (1899)

Os sioux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

  1. Dakota oriental (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
    • Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
    • Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
  2. Dakota occidental (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
    • Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
    • Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
  3. Lakota (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Sioux)

As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua sioux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[1] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).

Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o sioux a terceira lingua. O sioux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.[2]

O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos sioux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota, etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra Ottawa Sioux.

Activismo no século XX

Incidente de Wounded Knee

Artigo principal: Incidente de Wounded Knee.

Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.

O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu a Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.

República de Lakota

Artigo principal: República de Lakota.

A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[3] O grupo considera ós Lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[4]

Notas

  1. Parks, D. R.; DeMallie, R. J. (1992). "Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification". Anthropological Linguistics 34 (1–4).  A referencia usa o parámetro obsoleto |coauthors= (Axuda)
  2. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NLD
  3. Descendentes de Touro Sentado e Cabalo Tolo independízanse de USA, Agence France-Presse news
  4. Bill Harlan (21 de decembro de 2007). "Lakota group secedes from U.S.". Rapid City Journal. Consultado o 2007-12-28. 

Véxase tamén