Escólex: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{entradución}}
{{entradución}}
[[Ficheiro:Taenia solium tapeworm scolex with its four suckers and two rows of hooks 5262 lores.jpg|right|200px|miniatura|Escólex dunha ''[[Taenia solium]]'' con catro ventosas e rostelo con ganchos.]]
[[Ficheiro:Taenia solium tapeworm scolex with its four suckers and two rows of hooks 5262 lores.jpg|right|200px|miniatura|Escólex dunha ''[[Taenia solium]]'' con catro ventosas e rostelo con ganchos.]]
O '''escólex''' é a porción cefálica dos vermes [[parásito]]s adultos [[platihelminto]]s da clase [[cestoda]], que utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus [[hóspede]]s. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie), que lle permiten ao animal adherirse á [[mucosa]] do [[intestino]] do seu hóspede.<ref>Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos. [http://www.iqb.es/diccio/e/es.htm#escolex]</ref> O escólex é moi importante nas [[tenia]]s e nos outros cestodos, como os do xénero ''[[Himenolepis]]''.
O '''escólex''' é a porción cefálica dos vermes [[parasito]]s adultos [[platihelminto]]s da clase [[cestoda]], que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus [[hóspede]]s. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie), que lle permiten ao animal adherirse á [[mucosa]] do [[intestino]] do seu hóspede.<ref>Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos. [http://www.iqb.es/diccio/e/es.htm#escolex]</ref>


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2013 ás 20:08

Escólex dunha Taenia solium con catro ventosas e rostelo con ganchos.

O escólex é a porción cefálica dos vermes parasitos adultos platihelmintos da clase cestoda, que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus hóspedes. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie), que lle permiten ao animal adherirse á mucosa do intestino do seu hóspede.[1]

Características

O escólex ten diversas formas dependendo do organismo. Algúns teñen un escólex de forma ovalada, outros cuadrangular ou piriforme. Os elementos que aparecen no escólex que permiten a adhesión do parasito ao intestino son normalmente as ventosas, xeralmente en número de catro. No medio do escólex, algúns vermes planos teñen un saínte mediano que sobresae notablemente chamado rostelo,[2] que pode ser retráctil, como o de Hymenolepis nana. Outros cestodos están "armados" con filas de ganchos ou acúleos grosos situados sobre o seu rostelo,[3] como é o caso de Taenia solium. Poden haber unha ou máis ringleiras de ganchos formando unha coroa no rostelo. Outros carecen de rostelo e de ganchos, como Hymenolepis diminuta e Taenia saginata.

En xeral, o tamaño dn escólex común é de 2 mm a pesar de que o parásito mida varios metros.[4] Seguido do escólex continúa o colo do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo.

Uso en diagnóstico

O escólex ten grande utilidade no laboratorio clínico cando se pode dispoñer del, porque é un dos elementos que permite distinguir unha especie cestodo doutra, en particular se pertencen ao mesmo xénero. Así, o escólex permite diferenciar entre unha H. diminuta e unha H. nana, ou tamén distinguir a T. saginata da T. solium. É unha grande ferramenta diagnóstica xunto coas diferenzas de tamaño, o cuello e os estróbilos. Con todo, debido a que o escólex está enterrado na mucosa intestinal, rara vez é expulsado polas feces, facendo que o diagnóstico de laboratorio estea case siempre baseado en encontrar e distinguir os ovos ou as proglótides na rexión anal do hóspede ou nas feces.

Notas

  1. Medciclopedia: Diccionario Ilustrado de Términos Médicos. [1]
  2. Zoe Tecno-Campo.com [2]
  3. Enciclopædia Británica. Tenia. [3]
  4. Universidad Central de Venezuela - Facultad de Medicina. [4]