Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q63045
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Taxobox
{{Taxonomia-planta |NOME_VULGAR= Escornacabras |IMAXE= Pistachier2.JPG }}
| name = Escornacabras
{{Taxonomia-division |DIVISION= Magnoliophyta }}
| image = Pistachier2.JPG
{{Taxonomia-clase |CLASE= Magnoliopsida }}
| image_width = 240px
{{Taxonomia-orde |ORDE= Sapindales }}
| image_caption =
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Anacardiaceae }}
| regnum = [[Plantae]]
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Pistacia }}
| subregnum = [[Tracheobionta]]
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Pistacia terebinthus }}
| divisio = [[Magnoliophyta]]
{{Taxonomia-fin}}
| classis = [[Magnoliopsida]]
| subclassis = [[Rosidae]]
| ordo = [[Sapindales]]
| familia = [[Anacardiaceae]]
| genus = ''[[Pistacia]]''
| species = '''''P. terebinthus'''''
| binomial = ''Pistacia terebinthus''
| binomial_authority = [[L.]]
}}


O '''escornacabras''', '''cornabude''', '''terebinto''' ou '''árbore trementina''' (''Pistacia terebinthus'') é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, e tamén se atopa nas illas [[Canarias]].
O '''escornacabras''' ('''''Pistacia terebinthus''''') é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, e tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego tamén recibe os nomes de '''cornabude''', '''terebinto''' e '''árbore trementina'''.


É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.
É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.
Liña 26: Liña 35:
Os froitos do escornacabras son utilizados en [[Chipre]] para a elaboración dun [[pan]] especial. En Creta, onde recibe o nome de ''tsikoudia'', é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama ''tsikoudia''.
Os froitos do escornacabras son utilizados en [[Chipre]] para a elaboración dun [[pan]] especial. En Creta, onde recibe o nome de ''tsikoudia'', é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama ''tsikoudia''.


[[Categoría:Plantas]]
[[Categoría:Pistacia]]
[[Categoría:Pistacia]]
[[Categoría:Plantas medicinais]]
[[Categoría:Flora de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2013 ás 06:28

O escornacabras (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, e tamén se atopa nas illas Canarias. En galego tamén recibe os nomes de cornabude, terebinto e árbore trementina.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que o escornacabras é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para a árbore turpentina (terebinto) e que a pronunciación micénica podía representar unha variante da palabra."

O escornacabras é mencionado na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou escornacabras. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

O escornacabras tamén é mencionado na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do escornacabras é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluinte e como compoñente químico. Actualmente a trementina do escornacabras é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos do escornacabras son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.