La: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 12: | Liña 12: | ||
[[Categoría:Vestimenta]] |
[[Categoría:Vestimenta]] |
||
[[Categoría:Fibras]] |
|||
{{Link FA|hu}} |
{{Link FA|hu}} |
Revisión como estaba o 28 de xullo de 2013 ás 19:54
- Este artigo trata sobre o tecido, para o artigo sobre a nota musical véxase La, e para o do elemento químico de símbolo La véxase Lantano. Para outros significados véxase La (homónimos).
A la (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñese moitos produtos téxtis, como sacas, luvas ou prendas de roupa.
O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.
Obtención
As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano de un a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo trátese dunha raza ou outra.
As partes illadas do vellón mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vellón ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado. Modelo:Link FA