Verza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
[[Ficheiro:Lacinato Kale and Collard Greens.jpg|miniatura|esquerda|Verzas preparadas para a venda]]
[[Ficheiro:Lacinato Kale and Collard Greens.jpg|miniatura|esquerda|Verzas preparadas para a venda]]
==Uso culinario==
==Uso culinario==
As follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de [[amendoín|amendoíns]] torrados, [[améndoa]]s torradas con mollo de [[soia]] e [[pemento]] vermello.
As follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de [[cacahuete|amendoíns]] torrados, [[améndoa]]s torradas con mollo de [[soia]] e [[pemento]] vermello.


O [[caldo verde]] portugués ten como principais ingredientes a [[batata]] e a verza. No noroeste da Alemaña, nas cidades de [[Bremen]] e [[Oldenburg]], desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e [[schnaps]]. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."
O [[caldo verde]] portugués ten como principais ingredientes a [[batata]] e a verza. No noroeste da Alemaña, nas cidades de [[Bremen]] e [[Oldenburg]], desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e [[schnaps]]. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2013 ás 16:55

Verza
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Xénero: Brasica
Nome científico
Brassica oleracea
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


A verza é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas da Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal.

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Cultivo

Esta variedade é cultivada principalmente en Europa e América. Aínda que sexa moi utilizada na cociña do Brasil, prefere climas fríos en vez de climas tropicais. Constitúe a variedade máis robusta de couve, tendo algunha caules subleñosos. Tolera case todo o tipo de solos, preferindo terreos com drenaxe satisfactoria -os terreos moi húmidos provocan a putrefacción das raíces que forman tubérculos como síntoma-. Son tamén moi resistentes ás pragas, como a mosca da col (Delia radicum), aínda que as larvas da bolboreta da col tamén provoquen algúns estragos nos cultivos.

Verzas nunha leira

Ademais do seu uso na alimentación humana, as follas empréganse adoito para a ceba do gando, especialmente porcino.

Historia

Até o final da Idade Media, a verza constituía a verdura mais utilizada en Europa. Na Grecia xa se consumían variedades crespas ou máis lisas, no século IV a.C.. Estas, xa referidas polos antigos romanos como couve sabeliana, son consideradas as formas ancestrais das verzas actuais. Hoxe pódense diferenciar de acordo coa lonxitude do caule e polas características das follas. A cor das follas varía entre o glauco, verde-escuro, verde-violáceo ou castaño-violeta.

Verzas preparadas para a venda

Uso culinario

As follas novas de verzas deste tipo poden ser utilizadas en saladas, apreciándose particularmente o uso concomitante de amendoíns torrados, améndoas torradas con mollo de soia e pemento vermello.

O caldo verde portugués ten como principais ingredientes a batata e a verza. No noroeste da Alemaña, nas cidades de Bremen e Oldenburg, desenvolveuse toda unha cultura relacionada con estes tipos de verza. É frecuente que os restaurantes fagan as "Grünkohlfahrt", principalmente en xaneiro, onde se consome grandes cantidades de verzas, salchichas e schnaps. Existen festivais anuais en que se elixe, inclusive, o "rei das verzas."

Couve portuguesa, do grupo tronchuda

Son vexetais ricos en ferro, vitamina C e calcio. Debido ao seu valor nutricional, é un dos alimentos preferidos dos vexetarianos.

Literatura

A escola Kailyard, na literatura escocesa, que incluiu autores como J. M. Barrie (autor do Peter Pan), caracterizábase por temas relacionados coa vida rural tradicional escocesa. Kailyard significa "campo de verzas".

As verzas na cultura popular galega

Para cura-la tose das vacas, dáselles unto de porco envolto nunha folla de verza e crese que sana de contado.

Para as frieiras e as queimaduras utilizábanse couselos fritidos en aceite, envoltos logo nunha folla de verza que se mete na borralla para que quente, e despois, ben quentes, póñense sobre as frieiras.

Aníbal Otero recolle a crenza de que se se refregan as espullas cunha verza encontrada de fertuna no camiño, curan axiña. Cómpre, logo, botar con ela nun lugar onde nunca máis se pase.

Locucións

  • Estar nas verzas: estar nas nubes, non enterarse de nada.
  • Ser [algo ou alguén] como o unto ás verzas: dise dunha cousa ou dunha persoa que veñen moi ben para conseguir un obxectivo.

Refraneiro

  • As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán. [1]
  • As verzas por xaneiro saben a carneiro.
  • As verzas quéroas untadas e as patacas fariñentas, e para compango, do porco quero costelas salpresas.
  • Bica quente con touciño éche o caldo das mulleres, e vén o home da arada e roe as verzas, se as quere.
  • Cal de verzas, cal de papas ataquémo-las barazas. [2]
  • Cando non é por verzas, é por fío negro.
  • Canto máis unto, millores verzas.
  • Dálle verzas en agosto se queres ver ó teu home morto.
  • En xaneiro, a verza é carneiro.
  • En xaneiro, verza vella val carneiro.
  • Foise o boi ás verzas e non deixou verdes nin secas.
  • Hai máis que verzas na ola, que hai ulido de cazola.
  • Pote sen verzas, sen unto nin sal, pódeselle ó gato dar.
  • Se perguntades por verzas, meu pai ten un patacal.
  • Se queres ó teu marido matar, dálle verzas por san Xoán.
  • Unto e boas verzas xa fan bo caldo.
  • Verza moita e pouca troita. [3]
  • Verza, ¿por que non cociches? -Porque antes non me metiches.
  • Verza, ¿por que non cociches? -Porque non me remexiches.
  • Verzas e nabos, pra nun entrambos.
  • Verzas en xaneiro saben coma carneiro.
  • Verzas que non has comer, déixaas cocer.
  • Vezouse o burro ás verzas e non deixou verdes nin secas.

Cantigueiro

  • Aquela vella do diaño/ seica a tentou o pecado,/ botou as verzas no pote/ remexeunas co forcado.
  • Ben sei o mal que padeces/ e as pedras en que tropezas;/ para praticar comigo/ eres moi férvelle as verzas.
  • Miña nai ten unto vello/ do cocho que ha de matar,/ e na horta ten as verzas/ das coles que ha de prantar.
  • Miña nai ten unto vello/ dun cocho que ha de matar/ tamén ten berzas na horta/ das coles que ha de prantar.
  • Para boas mozas, Sada,/ para repolos, Osedo,/ para coles castellanas/ o campo de Samoedo. [4]
  • Non quero verzas con unto, nin nabizas con aceite...

Adiviñas

  • É tan grande como unha pulga/ e ten orellas maiores cás dunha burra. [5]
  • Éche de verzas,/ sábeche ben,/ fabiñas poucas,/ patacas catro,/ e, do unto,/ como a lingüiña/ dun gato. [6]
  • Limpé de catro pés/ quixo comer a limpé dun pé/ e limpé de dous pés/ tornou a limpé de catro pés/ para que limpé de catro pés/ non comera a limpé dun pé. [7]
  • ¿O que é, que é,/ do tamaño dunha pulga,/ e deita unhas orellas/ coma as dunha mula?

Notas

  1. Fontán é lugar da parroquia e concello de Sada. San Sebastián é o 20 de xaneiro.
  2. Baraza é unha atadura de corda delgada, cinta, etc., coa que se ata calquera cousa. Ataca-las barazas ven sendo desface-lo no que pecha un saco.
  3. Aplícase para significar que unha comida foi frouxa.
  4. Osedo, parroquia de Sada próxima á capital; Samoedo, lugar e parroquia tamén de Sada.
  5. Solución: a semente da verza e a planta xa crecida, de grandes follas.
  6. Solución: o caldo galego.
  7. Solución: a cabra (limpé de catro pés), o cañoto da verza (limpé dun pé) e o home (limpé de dous pés).

Véxase tamén

Bibliografía

  • ÁLVAREZ GIMÉNEZ, E.: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra, 1904.
  • FERRO RUIBAL, X. (Dir.) et al: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992.
  • GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ediciones, Madrid 1984.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor. Lugo 1977.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña, 1885-1886 (reed. facs. Akal, Madrid 1979).
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.