Ano Santo Xacobeo: Diferenzas entre revisións
máis |
|||
Liña 66: | Liña 66: | ||
! colspan="5"| Fonte: [http://astro.liceofoscarini.it/calendarmese.phtml Calendario perpetuo] |
! colspan="5"| Fonte: [http://astro.liceofoscarini.it/calendarmese.phtml Calendario perpetuo] |
||
|} |
|} |
||
A bula ''Deus Omnipotens'', promulgada polo papa [[León XIII, papa|León XIII]] en [[1884]], con ocasión do redescubrimento dos restos do Apóstolo no chan da Capela Maior que foran escondidos polo arcebispo [[Juan de Sanclemente]] tres séculos antes (en 1589), ademais de autentificar as reliquias atopadas, ratifica o privilexio de celebrar o Ano Santo naqueles anos nos que a festividade do Apóstolo coincida en domingo. |
|||
Houbo só dúas excepcións neste calendario, cos Anos Santos extraordinarios celebrados en [[1885]], pola proclamación da bula antedita, e en [[1938]], porque se prorrogou o de 1937, por cousa da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. |
|||
==Galería de Imaxes== |
==Galería de Imaxes== |
||
Liña 77: | Liña 81: | ||
*[[Camiño de Santiago]] |
*[[Camiño de Santiago]] |
||
*[[Santiago de Compostela]] |
*[[Santiago de Compostela]] |
||
===Bibliografía=== |
|||
* [[Ramón Yzquierdo Perrín|Yzquierdo Perrín, Ramón]]: ''Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación''. Ediciones Encuentro, Madrid 2003. |
|||
[[Categoría:Catolicismo]] |
[[Categoría:Catolicismo]] |
Revisión como estaba o 24 de xullo de 2013 ás 22:00
O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo compostelán, é unha celebración católica que se celebra en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto sucede cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século se celebren catorce Xacobeos.
Historia e características
Para conseguir a bula xubilar ou xubileu o católico ten que visitar a Catedral de Santiago de Compostela, onde segundo a tradición está o sartego do apóstolo Santiago o maior, rezar algunha oración, cando menos o Credo, o Noso Pai e pedir polas intencións do papa. Tamén debe recibir os sacramentos da comuñón e da penitencia. A graza que o peregrino obtén en ano santo é a indulxencia plenaria dos seus pecados.
O primeiro ano santo compostelán do que se ten noticia é o do ano 1428, convocado polo arcebispo Lope de Mendoza, aínda que a historiografía tradicional afirmaba que se debía a unha bula do papa Calisto II no ano 1122 grazas a unha falsificación feita a fins do século XV da bula de Alexandre III, Regis Aeterni, que o establecía así.
OS 28 ANOS SANTOS XACOBEOS DOS SÉCULOS XX e XXI | ||||
---|---|---|---|---|
+6 | +5 | +6 | +11 | |
+28 | 1909 | 1915 | 1920 | 1926 |
+28 | 1937 | 1943 | 1948 | 1954 |
+28 | 1965 | 1971 | 1976 | 1982 |
+28 | 1993 | 1999 | 2004 | 2010 |
+28 | 2021 | 2027 | 2032 | 2038 |
+28 | 2049 | 2055 | 2060 | 2066 |
+28 | 2077 | 2083 | 2088 | 2094 |
Fonte: Calendario perpetuo |
A bula Deus Omnipotens, promulgada polo papa León XIII en 1884, con ocasión do redescubrimento dos restos do Apóstolo no chan da Capela Maior que foran escondidos polo arcebispo Juan de Sanclemente tres séculos antes (en 1589), ademais de autentificar as reliquias atopadas, ratifica o privilexio de celebrar o Ano Santo naqueles anos nos que a festividade do Apóstolo coincida en domingo.
Houbo só dúas excepcións neste calendario, cos Anos Santos extraordinarios celebrados en 1885, pola proclamación da bula antedita, e en 1938, porque se prorrogou o de 1937, por cousa da Guerra Civil.
Galería de Imaxes
-
Selo de 1937 conmemorativo do Ano Santo
-
Contador Xacobeo 2010, Santiago de Compostela
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Yzquierdo Perrín, Ramón: Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación. Ediciones Encuentro, Madrid 2003.