A '''Ringstraße''' é unha [[rúa]] circular que rodea o centro de [[Viena]] ([[Austria]]). Esta [[avenida]] ten a ambos os dous lados moi significativas obras [[Arquitectura|arquitectónicas]], polo que é considerada un dos grandes atractivos da capital austríaca. O Ringstraßenstil (estilo da Ringstraße) marcou a arquitectura de tipo [[historicismo|historicista]] dos anos [[1860]] a [[1900]].