Pilar García Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 62: Liña 62:
*''Á beira de [[Xosé Manuel Beiras Torrado|Beiras]]. Homenaxe nacional'' ([[2011]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
*''Á beira de [[Xosé Manuel Beiras Torrado|Beiras]]. Homenaxe nacional'' ([[2011]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
*''Perspectivas sobre [[Alexandre Bóveda|Bóveda]]: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano'' (2011, A. C. Alexandre Bóveda).
*''Perspectivas sobre [[Alexandre Bóveda|Bóveda]]: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano'' (2011, A. C. Alexandre Bóveda).
*''Rosalía na cobiza do lonxe'' (2013, [[Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades]]).


==Premios==
==Premios==

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2013 ás 08:30

Tras unha conferencia da Plataforma Queremos Galego! en Cambados.

Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Traxectoria

Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Vilar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988) e deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Obra

Pilar García Negro

Ensaio

Edicións e estudos

Traducións

  • Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
  • Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.

Obras colectivas

Premios

  • XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
  • Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas