Neptuno: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 77: | Liña 77: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Aneis de |
* [[Aneis de Neptuno]]. |
||
* [[Lúas de |
* [[Lúas de Neptuno]]. |
||
===Notas=== |
|||
{{listaref}} |
|||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2013 ás 18:16
Neptuno | |||||||
Descubrimento | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Descuberto por | Urbain Le Verrier John Couch Adams Johann Galle | ||||||
Descuberto o | 23 de setembro de 1846 | ||||||
Características orbitais | |||||||
Raio medio | 4 498 252 900 km | ||||||
Excentricidade | 0,00858587 | ||||||
Período orbital | 164 a 288 d 13 h | ||||||
Período sinódico | 367,5 días | ||||||
Velocidade orbital media | 5,4778 km/s | ||||||
Inclinación orbital | 1,76917° | ||||||
Número de satélites | 13 | ||||||
Características físicas | |||||||
Diámetro ecuatorial | 49 572 km | ||||||
Área superficial | 7,65×109 km² | ||||||
Masa | 1,024×1026 kg | ||||||
Densidade media | 1,64 g/cm³ | ||||||
Gravidade na superficie | 11,0 m/s² | ||||||
Período de rotación | 16 h 6,5 min | ||||||
Inclinación axial | 29,58° | ||||||
Albedo | 0,41 | ||||||
Velocidade de escape | 23,71 km/s | ||||||
Temperatura superficial |
| ||||||
Características atmosféricas | |||||||
Presión atmosférica | 100-300 kPa | ||||||
Hidróxeno | >84% | ||||||
Helio | >12% | ||||||
Metano | 2% | ||||||
Amonio | 0,01% | ||||||
Etano | 0,00025% | ||||||
Acetileno | 0,00001% |
Neptuno é o oitavo planeta a partir do Sol, e o xigante gasoso máis afastado no noso sistema solar. Neptuno recibiu o nome do deus romano dos mares.
Características
Orbitando tan lonxe do Sol, Neptuno recibe moi pouca calor. A súa temperatura superficial media é de -218 °C. Porén, o planeta parece ter unha fonte interna de calor. Cóidase que isto se debe ao resto da calor xerada pola materia en caída durante o nacemento do planeta, que agora irradia ao espazo. A atmosfera de Neptuno ten as máis altas velocidades de ventos no sistema solar, que están por riba dos 2.000 km/h; considérase que os ventos son amplificados por este fluxo interno de calor.
A estrutura interna lembra a de Urano -- un núcleo rochoso cuberto por unha codia de xeo, agachada no profundo da súa grosa atmosfera. Os dous terzos internos de Neptuno están compostos dunha mestura de rocha fundida, auga, amonio líquido e metano. A terza parte exterior é unha mestura de gases quentes composta por hidróxeno, helio, auga e metano. Igual que Urano e a diferenza da composición uniforme de Xúpiter e Saturno, considérase que a estrutura interna de Neptuno consta de tres capas. Como Urano, o campo magnético de Neptuno é moi inclinado en relación ao seu eixo rotacional, a 47 °C, e desviado no mínimo en 0,55 radiáns (preto de 13.500 km) do centro físico do planeta. Comparando o campo magnético dos dous planetas, os científicos coidan que esta orientación extrema se debe aos característicos fluxos no interior do planeta, e non ao resultado da orientación lateral de Urano.
Exploración de Neptuno
Os deseños astronómicos de Galileo mostran que el observou Neptuno en xaneiro de 1613, cando o planeta estaba preto de Xúpiter. Mais, como pensou que se trataba dunha estrela, non se lle pode asignar a descuberta.
En 1821, Alexis Bouvard publicou táboas astronómicas da órbita de Urano. As observacións posteriores revelaron desvíos substanciais das táboas, levando a Bouvard a pór a hipótese da existencia dun corpo que perturbase a órbita. En 1843, John Couch Adams calculou a órbita dun oitavo planeta que puidese explicar o movemento de Urano. Enviou os seus cálculos a Sir George Airy, que os rexeitou con certa frialdade, levando a Adams abandonar o asunto.
En 1846, Urbain Le Verrier, independentemente de Adams, reproduciu os seus cálculos mais tamén atopou dificultades en atopar algún entusiasmo nos seus compatriotas. Porén, o mesmo ano, John Herschel comezou a promover a abordaxe matemática e convenceu a James Challis de procurar o planeta. Tendo en conta o seu período orbital de 164 anos e 288 días, o planeta completou unha orbita dende o seu descubrimento en 1846 no ano 2011, isto implica que se atopa na actualidade aproximadamente na mesma posición na que foi descuberto.
Satélites de Neptuno
Neptuno ten 14 lúas coñecidas. A maior delas é Tritón, descuberta por Willian Lasell apenas 17 días despois da descuberta de Neptuno.
Nome | Diámetro (km) | Masa (10 20kg) | Distancia media de Neptuno (km) |
Período orbital |
---|---|---|---|---|
Náiade | 96×60×52 | 0,002 | 48.227 | 0,294396 días |
Talasa | 108×100×52 | 0,002 | 50.075 | 0,311485 días |
Despina | 190×148×128 | 0,02 | 52.526 | 0,334655 días |
Galatea | 204×184×144 | 0,04 | 61.953 | 0,428745 días |
Larisa | 216×204×168 | 0,05 | 73.548 | 0,554654 días |
S/2004 N 1 | 16-20[1] | - | 104.200 | 0,9362[1] días |
Proteo | 418 (436×416×402) | 0,5 | 117.647 | 1,122315 días |
Tritón | 2707 | 214 | 354.760 | -5,87685 días ** |
Nereida | 340 | 0,3 | 5.513.400 | 360,1362 días |
Halímede | 48 | 0,001 | 15.686.000 | -1874,8 días ** |
Sao | 48 | 0,001 | 22.452.000 | 2.918,9 días |
Laomedeia | 48 | 0,001 | 22.580.000 | 2982,3 días |
Psámate | 28 | 0,0002 | 46.695.000 | -9.115,9 días ** |
Neso | 60 | 0,0001 | 48.387.000 | -9.374,0 días ** |
** Períodos orbitais negativos indican unha órbita retrógrada ao redor de Neptuno (oposta á rotación do planeta)
Algúns asteroides reciben os mesmos nomes que as lúas de Neptuno: 74 Galatea, 1162 Larisa.
Véxase tamén
Outros artigos
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Kelly Beatty (15-072013). "Neptune's Newest Moon". Sky & Telescope. Consultado o 16-07-2013.