Cocobacilo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5: Liña 5:
{{Listaref}}
{{Listaref}}


==Véxase tamém==
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
===Outros artigos===
* [[Coco (bacteria)|Coco]]
* [[Coco (bacteria)|Coco]]

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2013 ás 19:59

Coxiella burnetii, un exemplo de cocobacilo.

Un cocobacilo é un tipo de bacteria que ten unha forma intermedia entre a dos cocos (esféricas) e a dos bacilos (bastonciños alongados).[1] Pode dicirse que os cocobacilos son bacilos moi curtos que se poden confundir con cocos. Exemplos de cocobacilos son Haemophilus influenzae, Gardnerella vaginalis, Chlamydia trachomatis e Coxiella burnetti.[2]. Outros exemplos son Aggregatibacter actinomycetemcomitans, un cocobacilo Gram negativo que é frecuente na placas subxinxivais. Certas cepas de Acinetobacter poden crecer en medios sólidos como cocobacilos. Bordetella pertussis é outros cocobacilo Gram negativo responsable de causar a tose ferina. As bacterias do xénero Brucella son cocobacilos que producen a brucelose. Outro cocobacilo Gram negativo medicamente importante é Haemophilus ducreyi, que produce o chancroide transmitido sexualmente.[3]

Notas

  1. "Dorlands Medical Dictionary:coccobacillus". 
  2. "persistent rickettsial disease". 
  3. Schaetchter's Mechanisms of Microbial Disease 4th Edition. ISBN 0-7817-5342-2

Véxase tamén

Outros artigos