República Federal Alemá (1949–1990): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: hr:Zapadna Njemačka (strong connection between (2) gl:Alemaña do Oeste and hr:SR Njemačka)
JaviP96 (conversa | contribucións)
m JaviP96 moveu a páxina "Alemaña do Oeste" a "República Federal Alemá" sobre unha redirección: Nome oficial e concordancia con República Democrática Alemá
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2013 ás 23:41


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:País desaparecido Alemaña do Oeste, ou Alemaña Occidental, foi o nome informal pero universal que recibiu a República Federal Alemá durante a Guerra Fría, dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1991, cando se une á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.