Panis Angelicus: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Catolicismo mediante HotCat
Liña 45: Liña 45:
|}
|}


{{Sencat}}


[[Categoría:Catolicismo]]
[[Categoría:Catolicismo]][[Categoría:Liturxia católica]][[Categoría:Música relixiosa]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2013 ás 20:01

Panis angelicus é a penúltima estrofa do himno Sacris solemniis composto por San Tomás de Aquino para a celebración do Corpus Christi como parte dunha completa liturxia da Festa que incluía oracións para a Misa e a Liturxia das Horas.

A estrofa mencionada, que comeza coas palabras "Panis Angelicus / fit panis hominus", frecuentemente se considerou coma un himno independente; algo semellante ao sucedido con outros himnos compostos polo mesmo autor para o Corpus Christi, como Verbum supernum prodiens, a pénultima estrofa do cal comeza co verso O salutaris Hostia, ou o ben coñecido Pange lingua, cunha penúltima estrofa que se inicia con Tantum ergo.

Letra

Latín Galego
Panis angelicus
fit panis hominum;
dat panis coelicus
figuris terminum:
O res mirabilis!
manducat Dominum
pauper, servus, et humilis.
Te trina Deitas
unaque poscimus:
Sic nos tu visita,
sicut te colimus;
per tuas semitas
duc nos quo tendimus,
ad lucem quam inhabitas.
Amen.
O pan dos Anxos
faise pan dos homes;
o pan do ceo
dá fin aos agoiros:
Ó, cousa admirable!,
aliméntanse do Señor
o pobre, o servo, e o humilde.
Deus, un e trino,
a Ti pregamos
que veñas a nós
segundo te adoramos.
Polas túas sendas
fai que nos dirixamos
cara á luz na que habitas.
Amén.