Con saias e a rachar: Diferenzas entre revisións
espazo |
|||
Liña 20: | Liña 20: | ||
| imdb_id = 0053291 |
| imdb_id = 0053291 |
||
}} |
}} |
||
'''''Con saias e a rachar''''' (orixinalmente en [[lingua inglesa|inglés]]'''''Some Like It Hot''''') é unha comedia de [[1959]] de [[Billy Wilder]] protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de [[Robert Thoeren]] e [[Michael Logan]]. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, '''Fanfaren der Liebe''' (dirixida por [[Kurt Hoffmann]] en [[1951]]), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un [[remake]]. Foi lanzada o [[29 de marzo]] de [[1959]], distribuída por [[United Artists]] (comprada en [[1981]] por [[Metro Goldwyn Mayer|MGM)]] e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares. |
'''''Con saias e a rachar''''' (orixinalmente en [[lingua inglesa|inglés]] '''''Some Like It Hot''''') é unha comedia de [[1959]] de [[Billy Wilder]] protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de [[Robert Thoeren]] e [[Michael Logan]]. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, '''Fanfaren der Liebe''' (dirixida por [[Kurt Hoffmann]] en [[1951]]), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un [[remake]]. Foi lanzada o [[29 de marzo]] de [[1959]], distribuída por [[United Artists]] (comprada en [[1981]] por [[Metro Goldwyn Mayer|MGM)]] e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares. |
||
== Sinopse == |
== Sinopse == |
Revisión como estaba o 11 de xullo de 2013 ás 06:46
Con saias e a rachar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Some Like It Hot |
Director | Billy Wilder |
Produtor | Billy Wilder |
Guión | Billy Wilder, I.A.L. Diamond (adaptación), Robert Thoeren, Michael Logan (libreto orixinal) |
Intérpretes | Marilyn Monroe Tony Curtis Jack Lemmon George Raft Pat O'Brien Joe E. Brown Nehemiah Persoff |
Música | Adolph Deutsch |
Fotografía | Charles Lang |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 1959 |
Duración | 120 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Con saias e a rachar (orixinalmente en inglés Some Like It Hot) é unha comedia de 1959 de Billy Wilder protagonizada por Marilyn Monroe, Tony Curtis, Jack Lemmon, George Raft, Pat O'Brien, Joe E. Brown e Nehemiah Persoff. A película foi adaptada por Billy Wilder e I.A.L. Diamond partindo dunha historia de Robert Thoeren e Michael Logan. Logan escribira a historia (sen gánsteres) para unha película alemá, Fanfaren der Liebe (dirixida por Kurt Hoffmann en 1951), así que a película de Wilder é considerada por algúns como un remake. Foi lanzada o 29 de marzo de 1959, distribuída por United Artists (comprada en 1981 por MGM) e custou pouco máis de 2'8 millóns de dólares.
Sinopse
Dous músicos, Joe e Jerry, presencian a Masacre de San Valentín en Chicago en 1929, feita pola Mafia. Son perseguidos polos gánsteres, que queren desfacerse destas incómodas testemuñas e ao non ter diñeiro e para fuxir de Chicago, disfrázanse de mulleres e ingresan nunha banda de mozas, pasando a chamarse Josephine e Daphne. A banda diríxese a Florida. Joe e Jerry namóranse da cantante e intérprete de ukelele, Sugar, e compiten por chamar a súa atención, á vez que loitan por que non se descubra que son homes. En Florida, o millonario Osgood namórase de Daphne/Jerry, mentres Joe adopta unha dobre personalidade masculina/feminina e vístese imitando a Cary Grant, finxe ser millonario para conquistar a Sugar. A Mafia chega a Miami finalmente e descobre ás testemuñas.
Curiosidades
- Durante a rodaxe, dise que Marilyn Monroe tivo serios problemas para recordar o seu texto. Había que ir colocando o seu texto por distintos lugares do estudo.
- Di a lenda que Tony Curtis dixo que "bicar a Marilyn Monroe é como bicar a Hitler". En 2001, negou que tal dixera.
- A película contén "homenaxes" a diversas películas de gánsteres dos anos 1930 e unha serie de "ironías" acerca da vida e cultura estadounidense en 1929: divorcios de famosos, a seguridade da bolsa (ese mesmo ano derrúbase) e a morte de Valentino.
Premios
Gañou un Oscar por Mellor vestiario en branco e negro (Orry-Kelly) e foi nomeada para Mellor actor (Jack Lemmon), Mellor dirección de arte-set branco e negro, Mellor fotografía en branco e negro, Mellor director e mellor guión.
A película foi aclamada mundialmente como unha das mellores comedias xamais feitas (n.º 1 na Lista das grandes comedias da American Filme Institute e 14.º na Lista das 100 mellores películas americanas). A película foi considerada de "significado cultural" pola Biblioteca do Congreso de Washington e seleccionada para a súa preservación na National Filme Registry.
Frases famosas
- Jerry (como Daphne): Xa o fixeches! / Joe (como Josephine): Fixen que?? / Jerry (como Daphne): Arrincaches un dos meus peitos!
- Sugar: Verdadeiros diamantes! ¡Deben valer o seu peso en ouro!
- Jerry (como Daphne): Non me comprendes Osgood! Aaah... ¡Son un home!" / Osgood: "Bo, ninguén é perfecto.
- Sugar: É a historia da miña vida, sempre me toca o lado sucio da paleta.
- Sugar: Como? Non importa onde vaia, sempre haberá unha estación Shell en cada esquina.