Siagrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 31 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q207499
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Reame di Siagrio (486).svg|miniatura|dereita|300px|O reino de Siagrio.]]
[[Ficheiro:Reame di Siagrio (486) pt.svg|miniatura|dereita|300px|O reino de Siagrio]]
'''Siagrio''' ([[430]]-[[486]]) foi un xeneral romano que reinou na [[Galia]] do norte como ''Rei dos romanos''.
'''Siagrio''' ([[430]]-[[486]]) foi un xeneral romano que reinou na [[Galia]] do norte como ''Rei dos romanos''.
Era fillo de [[Exidio]], o [[magister militum]] da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.
Era fillo de [[Exidio]], o [[magister militum]] da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2013 ás 22:05

O reino de Siagrio

Siagrio (430-486) foi un xeneral romano que reinou na Galia do norte como Rei dos romanos. Era fillo de Exidio, o magister militum da Galia, que se volvera independente do poder imperial na Galia do norte e que morreu no 464.

Tras a morte de Paulo, Siagrio herdou do seu pai unha parte da Galia (entre o Río Somme e o Loira: o dominio galo-romano), fóra do control do reino visigodo e dos reinos francos en clara expansión sobre as súas terras. O seu título de Rei dos Romanos foi recoñecido polos seus iguais, os reis dos francos, reis dos burgundios, e reis dos visigodos. Segundo a análise de Léon Fleuriot, o seu reino existía en partenariado con Ambrosio Aureliano, líder autónomo dos bretóns establecidos daquela un pouco por todas partes na Galia do norte. A capital do seu estado foi Soissons.

A redución do territorio que controla non leva máis ca que ao reducido do dominio real de Soissons.

O final do seu reinado estivo marcado polo conflito cos francos. O rei franco, Clodoveo I, venceu a Siagrio na batalla de Soissons en 486. Buscou refuxio onda Alarico II, quen o prendeu e o enviou ao rei franco o ano seguinte. Este fíxoo asasinar: segundo Gregorio de Tours, Siagrio foi degolado en secreto.

Siagrio é o último representante do poder galo-romano na Galia do norte, daquela asolada polos pobos xermánicos no marco das Grandes invasións despois de 406.

Véxase tamén

Fontes

Ligazóns internas