Salto do Nervión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q3331650
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:


[[Categoría:Fervenzas de España]]
[[Categoría:Fervenzas de España]]
[[Categoría:Xeografía do País Vasco]]
[[Categoría:Accidentes xeográficos do País Vasco]]

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2013 ás 11:55

Salto do Nervión, en inverno.

O salto do Nervión é un salto vertical de 220 m de altura que ten como orixe a confluencia dos regatos Iturrigutxi, Ajiturri e Urita, nacidos entre as serras de Gillarte e Gibijo. Esta fervenza só existe en época de choivas ou desxeo de neves, o que dá lugar a que a cachoeira só apareza de forma esporádica.

Atópase no límite da provincia de Burgos e da de Álava, xunto ao porto de Orduña, entre a serra de Gibijo e o monte Santiago. Pódese acceder a un miradoiro desde a parte sur de dito porto por Berberana ou desde a parte norte partindo de Orduña (un enclave biscaíño situado en Álava) e continuando por terras alavesas até coroar o porto. Tamén se pode andar polo canón do Délica até a mesma parede, pero é máis dificultoso xa que hai que ir andando a treitos polo leito do río.

Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.