Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
|profesión =Escritor
|profesión =Escritor
|diaconado =
|diaconado =
|cor =LightGreen
|ordenación =[[25 de xullo]] de [[1945]]
|ordenación =[[25 de xullo]] de [[1945]]
|ordenación por =
|ordenación por =
|consagración =[[6 de setembro]] de [[1970]]
|consagración =[[6 de setembro]] de [[1970]]
|consagración por =[[Fernando Quiroga Palacios]]
|consagración por =[[Fernando Quiroga Palacios]]
|título =[[Bispo]]
|título =Bispo
|igrexa =[[Igrexa Latina]] ([[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]])
|igrexa =[[Igrexa Latina]] ([[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]])
|cargo principal =Bispo
|cargo principal =Bispo

Revisión como estaba o 2 de xullo de 2013 ás 07:45

Miguel Anxo Araúxo Iglesias
Bispo da Igrexa Latina (Igrexa Católica)
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle, O Pereiro de Aguiar, Ourense
Pasamento22 de xullo de 2007 en Ourense
EstudosFilosofía e teoloxía
ProfesiónEscritor
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de xullo de 1945
Consagración episcopal6 de setembro de 1970, por Fernando Quiroga Palacios
Bispo de Mondoñedo-Ferrol
2 de xullo de 1970
(nomeado) - 20 de maio de 1985
(renuncia)
PredecesorJacinto Argaya Goicoechea
SucesorJosé Gea Escolano
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Traxectoria

Carreira eclesiástica

Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.

O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jacinto Argaya Goicoechea
 
Bispo de Mondoñedo - Ferrol
 
1970-1987
Sucesor:
José Gea Escolano

Escritor e tradutor

Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.

O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.

Entre as súas obras destacan:

  • A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
  • Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Edicións do Castro).
  • Palabras para os amigos (1989).
  • Escritos pastorais (1990).
  • Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
  • Memoria de vida (1993).
  • Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..

Premios e honras


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.