Miguel Anxo Araúxo Iglesias: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
|nota = |
|nota = |
||
|data de nacemento =[[10 de xaneiro]] de [[1920]] |
|data de nacemento =[[10 de xaneiro]] de [[1920]] |
||
|lugar de nacemento =[[Sabadelle, O Pereiro de Aguiar|Sabadelle]], [[O Pereiro de Aguiar]] |
|lugar de nacemento =[[Sabadelle, O Pereiro de Aguiar|Sabadelle]], [[O Pereiro de Aguiar]], [[provincia de Ourense|Ourense]] |
||
|data de pasamento = [[22 de xullo]] de [[2007]] |
|data de pasamento = [[22 de xullo]] de [[2007]] |
||
|lugar de pasamento = [[Ourense]] |
|lugar de pasamento = [[Ourense]] |
Revisión como estaba o 2 de xullo de 2013 ás 07:00
Miguel Anxo Araúxo Iglesias | |
---|---|
[[Bispo]] da Igrexa Latina (Igrexa Católica) | |
Biografía | |
Nacemento | 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle, O Pereiro de Aguiar, Ourense |
Pasamento | 22 de xullo de 2007 en Ourense |
Estudos | Filosofía e teoloxía |
Profesión | Escritor |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 25 de xullo de 1945 |
Consagración episcopal | 6 de setembro de 1970, por Fernando Quiroga Palacios |
Bispo de Mondoñedo-Ferrol | |
2 de xullo de 1970 (nomeado) - 20 de maio de 1985 (renuncia) | |
Predecesor | Jacinto Argaya Goicoechea |
Sucesor | José Gea Escolano |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.
Traxectoria
Carreira eclesiástica
Iniciou os seus estudos de bacharelato no Instituto de Ourense e proseguiunos en 1932 na Universidade Pontificia de Comillas onde obtivo a licenciatura en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Foi consagrado sacerdote en Comillas en xullo de 1945. Trasladado como crego a Ourense, foi profesor de Teoloxía no seminario desa cidade e reitor del entre 1956 a 1966.
O 6 de setembro de 1970 foi ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, nunha cerimonia presidida polo cardeal de Santiago, Fernando Quiroga Palacios. O acto da súa ordenación episcopal foi realizado na catedral de Ourense, e por primeira vez na historia[Cómpre referencia] da igrexa galega, en galego. O día 13 dese mes entrou oficialmente na catedral de Mondoñedo. Durante o seu período como bispo de Mondoñedo-Ferrol tocoulle vivir a transición e as cerimonias funerais dos obreiros Amador Niebla e Daniel Rey, mortos en enfrontamentos coa policía, que condenou nunha homilia. Foi coñecido polas súas ideas progresistas e a prol dunha maior presenza da lingua galega na Igrexa católica. En 1985 a Santa Sé concedeulle a xubilación anticipada.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Jacinto Argaya Goicoechea |
Bispo de Mondoñedo - Ferrol 1970-1987 |
Sucesor: José Gea Escolano |
Escritor e tradutor
Foi un gran potenciador dos textos relixiosos en galego, e presidiu a comisión técnica encargada da tradución do Misal romano ao galego. Traballou tamén na versión dos Rituais sacramentais e preparou un devocionario popular en lingua galega. Publicou diversas pastorais no boletín do bispado de Mondoñedo-Ferrol e outros textos de pensamento cristián, e colaborou en diversos xornais como La Voz de Galicia ou La Región e revistas como Irimia, Encrucillada, Raigame ou a Revista de Estudios Mindonienses.
O 30 de maio de 1980 ingresou na Real Academia Galega para ocupar a cadeira que deixara vacante Ramón Otero Pedrayo, cun discurso titulado A igrexa de Mondoñedo nas súas Sinodais, que foi respondido por Ramón Piñeiro.
Entre as súas obras destacan:
- A fe cristiá ante a cuestión da lingua galega (1975, SEPT).
- Escritos cristiáns sobre problemas, personaxes e conflictos de Galicia (1987, Edicións do Castro).
- Palabras para os amigos (1989).
- Escritos pastorais (1990).
- Oracional galego (1991, en colaboración con Ramiro González Cougil.
- Memoria de vida (1993).
- Os bispos de Galicia e o Concilio Vaticano II (1996)..
Premios e honras
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |