Xoán Vidal Martínez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q5687664
Liña 11: Liña 11:


==Obra==
==Obra==
Xunto a [[Modesto Bará Álvarez]] fundou a revista ''[[Hebe (revista)|Hebe]]''. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista ''[[Alborada (Pontevedra)|Alborada]]'' e a revista ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'' (1932-33).
Xunto a [[Modesto Bará Álvarez]] fundou a revista ''[[Hebe (revista)|Hebe]]''. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista ''[[Alborada (Pontevedra)|Alborada]]'' e a revista ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'' (1932-33) xunto a [[Xosé María Álvarez Blázquez]].


Como poeta pertenceu á [[xeración do 25]] xunto a [[Luís Amado Carballo]] e [[Xosé María Álvarez Blázquez]]. Publicou catro obras:
Como poeta pertenceu á [[xeración do 25]] xunto a [[Luís Amado Carballo]] e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:
*''Mágoas'', 1921.
*''Mágoas'', 1921.
*''Alcor'', 1927.
*''Alcor'', 1927.

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2013 ás 17:53

Xoán Vidal Martínez, nado en Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Vida

Placa na casa familiar, na rúa dos Soportais de Pontevedra.

Estuda maxisterio e faise mestre traballando a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi cofundador xunto con Castelao e outros persoeiros do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Despois o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo Alzamento Nacional foi represaliado. Abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias exercendo o maxisterio no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos de idade.

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Tivo dúas fillas, as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.

Obra

Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, tamén fundou a revista literaria de corte nacionalista Alborada e a revista Cristal (1932-33) xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta pertenceu á xeración do 25 xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

  • Ficha en www.poesiagalega.org