Diferenzas entre revisións de «Himno do Brasil»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
É un himno executado como saúdo á [[Bandeira do Brasil|Bandeira Nacional]] e ao [[Presidente do Brasil|presidente da República]], ao Congreso Nacional brasileiro e ao Supremo Tribunal Federal brasileiro. Tamén é de uso noutros casos que stán determinados polos regulamentos de saúdo ou cortesía internacional. A súa execución está permitida mesmo na apertura de sesións cívicas, nas cerimonias relixiosas de carácter patriótico e antes de eventos deportivos internacionais. A música do himno é de Francisco Manuel da Silva e foi inicialmente composta para banda.
 
En 1831, tornouse popular con versos que lembraban a abdicación de [[Pedro I do Brasil|Pedro I, emperador do Brasil]]. Posteriormente, á época da coroación de [[Pedro II do Brasil|Pedro II]], a súa letra foi trocada e a composición, debido a súa popularidade, pasou a ser considerada como o himno nacional brasileiro, aínda cando non fora oficializado como tal. Logo da proclamación da República brasileira os gobernantes abriran un concurso para a oficialización dun novo himno, gañado por [[Leopoldo Miguez]]. Mentres, coas manifestacións populares contrarias á adopción do novo himno, o presidente da República, [[Deodoro da Fonseca]], oficializou como Himno Nacional Brasileiro a composición de Francisco Manuel da Silva, establecendo que a composición de Leopoldo Miguez sería o [[Himno da Proclamação da República]].
 
Durante o centenario da Proclamación da Independencia, en 1922, finalmente a letra escrita polo poeta e xornalista Joaquim Osório Duque Estrada tornouse oficial. A orquestración do himno é de [[A. Assis Republicano]] e súa instrumentación para banda é do tenente [[Antônio Pinto Júnior]]. A adaptación vocal foi feita por [[Alberto Nepomuceno]] e está prohibida a execución de calquera outros arranxos vocais ou artístico-instrumentais do himno.
57.184

edicións

Menú de navegación