Papiro Ebers: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:
* Cancro: fronte a un "tumor contra o deus Xenus", recomenda "non farás nada contra iso".<ref>''United States National Library of Medicine'', en ''National Institutes of Health''.</ref>.
* Cancro: fronte a un "tumor contra o deus Xenus", recomenda "non farás nada contra iso".<ref>''United States National Library of Medicine'', en ''National Institutes of Health''.</ref>.
* Vestidos: os vestidos poden protexerse contra ratos e ratas aplicándolle materias graxas dos gatos.
* Vestidos: os vestidos poden protexerse contra ratos e ratas aplicándolle materias graxas dos gatos.
* Estelas: aplicando sobre as estelas, un bálsamo feito de sangue de vermes e de excremento de asno. (Dado que este excremento, cargado de esporas do [[bacilo]] ''[[Clostridium tetani]]'', bastaría unha simple aplicación dunha soa estela para dar frecuentemente una morte horríbel como consecuencia do tétano.<ref>S.I. McMillen, M.D. & David Stern, M.D. (2000): ''None of These Diseases''.</ref>
* Estelas: aplicando sobre as estelas, un bálsamo feito de sangue de vermes e de excremento de asno. (Dado que este excremento, cargado de esporas do [[bacilo]] ''[[Clostridium tetani]]'', bastaría unha simple aplicación dunha soa estela para dar frecuentemente una morte horríbel como consecuencia do [[tétano]].<ref>S.I. McMillen, M.D. & David Stern, M.D. (2000): ''None of These Diseases''.</ref>
* A morte: a mestura da metade dunha cebola e a escuma dunha crevexa estaba considerada como un remedio delicioso contra a morte.
* A morte: a mestura da metade dunha cebola e a escuma dunha crevexa estaba considerada como un remedio delicioso contra a morte.
* Dracunculose (verme de Guinea): enrolar os extremos do verme ao redor dun escarvadentes e extraelo lentamente (3500 anos máis tarde, iso continú sendo o tratamento estándar).<ref>Uniformed ervices University of the Health Sciences, ''Dracunculiasis'', Tropical Medicine Central, [http://www.isradiology.org/tropical_deseases/tmcr/chapter27/intro.htm véxase en liña]</ref>
* Dracunculose (verme de Guinea): enrolar os extremos do verme ao redor dun escarvadentes e extraelo lentamente (3500 anos máis tarde, iso continú sendo o tratamento estándar).<ref>Uniformed ervices University of the Health Sciences, ''Dracunculiasis'', Tropical Medicine Central, [http://www.isradiology.org/tropical_deseases/tmcr/chapter27/intro.htm véxase en liña]</ref>

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2013 ás 09:52

Papiro Ebers.

O Papiro Ebers é un dos máis antigos tratados médicos coñecidos. Redactado no antigo Exipto, contra o ano 1500 antes da nosa era, está datado no 8º ano do reinado de Amenhotep I,[1] [2] [3] da dinastía XVIII. Aínda que outros exiptólogos dan datas máis recentes e citan sobre todo o reinado de Amenhotep III nos séculos XIV ou XV a.C. (data variábel segundo os exiptólogos).[4] [5]

Descuberto por Edwin Smith en 1862, na tumba de Assasif, en Luxor, entre os restos dunha momia, comprouno de contado o exiptólogo alemán Georg Moritz Ebers, ao que debe o seu nome e a súa tradución. Actualmente consérvase na biblioteca da Universidade de Leipzig.[6]

É tamén un dos máis longos documentos escritos encontrados do antigo Exipto: mide máis de vinte metros de lonxitude e uns trinta centímetros de alto, e contén 877 parágrafos que describen numerosas enfermidades en varios campos da medicina como a oftalmoloxía, xinecoloxía, gastroenteroloxía, etc., e as correspondentes prescricións, así como un primeiro esbozo da depresión nerviosa. Representa tamén o primeiro documento humano que fai referencia ao cancro.

Está escrito en hierático. Consta de 110 páxinas contendo unhas 700 fórmulas maxistrais e remedios.

Coñecementos médicos

A farmacopea exipcia da época recorría a máis de 700 substancias, extraídas na súa maior parte do reino vexetal: azafrán, mirra, áloes, follas de rícino, loto azul, extracto de lirio, zume de papoula, resina, incenso, cánabo, etc.

O papiro tamén inclúe varios remedios obtidos de insectos e arañas.[7]

Entre as substancias citadas encóntranse tamén po de estatuas, rabos de rato, pelos de gato, ollos de porco, dedos de can, leite de muller, seme humano, ollos de anguía e entrañas de ganso[8], etc.

Contén un "tratado do corazón", no que destaca que o corazón é o centro do sistema sanguíneo, con vasos unidos a cada parte do corpo. Os exipcios describiron o corazón como o punto de reunión de numerosos vasos que transportaban os distintos fluídos como o sangre, as lágrimas, a urina e a esperma.

Tamén ten un capítulo sobre as desordes mentais, no que se recollen trastornos tales como a depresión e a demencia.

Así mesmo contén capítulos de contracepción, diagnóstico do embarazo así como sobre trastornos xinecolóxicos, dermatolóxicos, oftalmolóxicos, odontolóxicos, enfermidades intestinais e parasitarias, uroloxía, e tamén sobre a observación médica de ambos os órganos sexuais. E de tratamentos cirúrxicos de abscesos e tumores, trastornos óseos e queimaduras. Á parte das receitas máxicas dos sacerdotes da deusa Sekhmet, como o texto sobre o leite dunha nai recén parida para curar as queimaduras.

Exemplos de remedios

Exemplos de remedios tirados do papiro Ebers:

  • Asma: unha mestura de herbas quentadas sobre un ladrillo de maneira que o paciente puidera respirar os vapores.
  • Ventre: para os trastornos gástricos: leite de vaca, grans de trigo e mel, reducidos en puré, tamizao e cocido, e despois tomado en catro porcións.
  • Intestinos: para a evacuación dos intestinos: meliloto, dátiles, e o conxunto reducido en aceite e untado nas partes enfermas.
  • Cancro: fronte a un "tumor contra o deus Xenus", recomenda "non farás nada contra iso".[9].
  • Vestidos: os vestidos poden protexerse contra ratos e ratas aplicándolle materias graxas dos gatos.
  • Estelas: aplicando sobre as estelas, un bálsamo feito de sangue de vermes e de excremento de asno. (Dado que este excremento, cargado de esporas do bacilo Clostridium tetani, bastaría unha simple aplicación dunha soa estela para dar frecuentemente una morte horríbel como consecuencia do tétano.[10]
  • A morte: a mestura da metade dunha cebola e a escuma dunha crevexa estaba considerada como un remedio delicioso contra a morte.
  • Dracunculose (verme de Guinea): enrolar os extremos do verme ao redor dun escarvadentes e extraelo lentamente (3500 anos máis tarde, iso continú sendo o tratamento estándar).[11]

Notas

  1. Véxase páxina 19 en The Egyptians, Barbara Watterson, Blackwell Publishers, 1997.
  2. Véxase páxina 690 en Encyclopaedia of the history of science, technology, and medicine in non-Western Cultures, Helaine Selin, Kluwer Academic Publishers, 1997.
  3. Véxase páxina 41 en The experience of ancient Egypt, Dr Ann Rosalie David, Routlegde, 2000.
  4. 1408 a.C, segundo Claire Lalouette, Thèbes ou la naissance d'un empire, Champs Flammarion, 1995, páx. 419. ISBN 2-08-081328-5
  5. 1390 a.C., segundo Nicolas Grimal, Histoire de l'Égypte ancienne, Le Livre de poche Références-Arthème Fayard, 1988, páx. 265. ISBN 2-253-06547-1
  6. Consulta en liña do papiro no sitio do Papyrus-Projekt, proxecto papirolóxico das universidades de Halle - Jena - Leipzig.
  7. Medeiros, E. M., Ramos-Elordut, J. & Pino, J. M. (2006): "Los insectos medicinales de Brasil: primeros resultados". Boletín de la Sociedad Entomológica Aragonesa, 38: 395-414.
  8. S.I. McMillen, M.D. & David Stern, M.D. (2000): None of These Diseases.
  9. United States National Library of Medicine, en National Institutes of Health.
  10. S.I. McMillen, M.D. & David Stern, M.D. (2000): None of These Diseases.
  11. Uniformed ervices University of the Health Sciences, Dracunculiasis, Tropical Medicine Central, véxase en liña

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Ebers papyrus." Encyclopædia Britannica. Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica, 2008.
  • Hans-Werner Fischer-Elfert (Hrsg.): Papyrus Ebers und die antike Heilkunde. Akten der Tagung vom 15. - 16.3.2002 in der Albertina/UB der Universität Leipzig. Harrassowitz, Wiesbaden 2005 (Philippika, 7), ISBN 3-447-05209-0
  • Reinhold Scholl: Der Papyrus Ebers: die größte Buchrolle zur Heilkunde Altägyptens. Univ.-Bibliothek, Leipzig 2002. ISBN 3-910108-93-8

Ligazóns externas