Xeración do 36: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 30: Liña 30:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Bibliografía===
*''[http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139655&buscado=&opcion=# Xeración do 36]'' da [[EGU]] (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: ''Xeración do 36''. Un refírese a ''Xeración do 36'' de poetas galegos e o outro á ''Generación del 36'' de escritores casteláns [http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139654&buscado=&opcion=#].)
*''[http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139655&buscado=&opcion=# Xeración do 36]'' da [[EGU]] (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: ''Xeración do 36''. Un refírese á ''Xeración do 36'' de poetas galegos e o outro á ''[[Generación del 36]]'' de escritores casteláns [http://entrada.egu.es/egu_xunta/html/index.php?op=ver&id=139654&buscado=&opcion=#].)
===Outros artigos===
===Outros artigos===
*[[Xeración de enlace]]
*[[Xeración de enlace]]
*[[Xeración de 1950]]
*[[Generación del 36]]


[[Categoría:Xeración do 36]]
[[Categoría:Xeración do 36]]

Revisión como estaba o 26 de xuño de 2013 ás 08:11

Este artigo refírese á Xeración do 36 de poetas galegos, non confundir coa Generación del 36 de escritores casteláns.

A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.

Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenrolando as súas propias liñas creativas. As súas principais liñas poéticas foron o Clasicismo, o Intimismo, o Ruralismo e o Hilozoismo. A súa maior contribución á nosa literatura foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.

Autores destacados e obras da xeración de 1936

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros Verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descrición.

A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.

Álvaro Cunqueiro

A pesares de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando Álvaro Cunqueiro publicou Herba de aquí e acola, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da Poesía socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño asulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ó país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir,Obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas polo súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova Constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.

Outros autores

Véxase tamén

Bibliografía

  • Xeración do 36 da EGU (nota: a EGU contén dous artigos de título idéntico: Xeración do 36. Un refírese á Xeración do 36 de poetas galegos e o outro á Generación del 36 de escritores casteláns [1].)

Outros artigos