Xeración do 36: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) Outros autores |
m engado a Categoría:Xeración do 36 mediante HotCat |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
[[Categoría:Literatura galega]] |
[[Categoría:Literatura galega]] |
||
[[Categoría:Xeración do 36]] |
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2013 ás 07:41
A Xeración de 1936 estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950.
Ó comezo estes escritores consideráronse herdeiros da Xeración Nós de 1925, pero máis adiante foron desenrolando as súas propias liñas creativas. AS súas principais liñas poéticas foron o Clasicismo, o Intimismo, o Ruralismo e o Hilozoismo. A súa maior contribución á nosa literatura foi a poesía socialrealista, poesía de carácter social cuxo maior representante foi Celso Emilio Ferreiro.
Autores destacados e obras da xeración de 1936
Aquilino Iglesia Alvariño
Aquilino Iglesia Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, porén a súa obra principal Cómaros Verdes foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descrición.
A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homenaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.
Álvaro Cunqueiro
A pesares de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando Álvaro Cunqueiro publicou Herba de aquí e acola, obra cumio da súa carreira e da poesía galega do século XX. A obra estrutúrase en dúas partes: As Historias, onde recrea personaxes históricos e literarios, e Vellas sombras e novos cantos onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.
Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da Poesía socialrealista. As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: O soño asulagado, Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en Celanova; Longa noite de pedra, Obra de denuncia social contra a opresión franquista; Viaxe ó país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir,Obras onde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en Caracas polo súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e Onde o mundo se chama Celanova Constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel dedica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.
Outros autores
- Luís Seoane.
- Emilio Pita.
- Dora Vázquez.
- Xosé María Díaz Castro.
- Lorenzo Varela.
- María Mariño.
- Xosé María Álvarez Blázquez.
- Emilio Álvarez Blázquez.
- Xesús Conde González.
- Ricardo Carvalho Calero.