El Masnou: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Economía: Caraveleira
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Cidade
{{Cidade
|escudo = [[Ficheiro:Escut del Masnou.svg|80px]]
|escudo = Escut del Masnou.svg
|bandeira = [[Ficheiro:Bandera del Masnou.svg|140px]]
|bandeira = Bandera del Masnou.svg
|situación = [[Ficheiro:Localització del Masnou respecte del Maresme.svg]]
|situación = [[Ficheiro:Localització del Masnou respecte del Maresme.svg]]
|país = {{ESPb}} [[España]]
|país = {{ESPb}} [[España]]

Revisión como estaba o 25 de xuño de 2013 ás 11:41

Modelo:Cidade

Igrexa do Masnou

El Masnou é un concello da costa do Maresme, na provincia de Barcelona, Cataluña. Está situado a 17 km ao nordés de Barcelona, entre os termos municipais de Montgat e Premià de Mar. Ten unha poboación de 22.536 habitantes.

Historia

O actual termo municipal do Masnou pertenceu, antigamente, a Sant Fèlix de Alella e a Sant Martí de Teià, pobos lindeiros relativamente afastados do mar para protexerse dos ataques dos piratas. A súa poboación vivía da agricultura e a pesca e, na praia establecéronse as comunidades de pescadores. Contaba con estaleiros propios onde se construían grandes veleiros e embarcacións de pesca.

Co paso do tempo foron construíndose masías fortificadas próximas á praia e, a partir de 1812, coa proclamación da Constitución Liberal, a vila puido escoller alcalde. No entanto, a segregación e independencia do Masnou respecto de Teià non se produciu ata 1825. O novo municipio incorporou o barrio de Ocata e, posteriormente, en 1846 o barrio de Alella del Mar, chamado tamén Cases del Mar.

El Masnou conserva ata o día de hoxe os títulos de "Vila Benéfica" concedido en 1902 polo rei Afonso XIII, con motivo da construción dun asilo benéfico (a Casa Benéfica) e o de "Ilustrísima Vila", concedido en 1909, tamén por Afonso XIII, pola construción, sen axuda ningunha, da Escola Nacional (actual escola de Ocata).

El Masnou foi lugar de veraneo para a alta burguesía catalá que deixou o seu sinal nos diversos chalés e "torres" construídos durante os séculos XIX e XX.

Economía

Na actualidade, a agricultura desapareceu case por completo. Outrora estaba dedicada ao cultivo de froitas, hortalizas e verduras. Actualmente, o seu principal e case único cultivo é o da flor, especialmente o caravel que se exporta a case toda Europa.

A industria é máis importante. Predomina o sector do téxtil (xéneros de punto), encabezadas pola compañía DOGI. Hai tamén industrias dedicadas á construción, á cerámica, ao vidro (Ramón Clemente) e produtos farmacéuticos (Alcon-Cusí).

Festividades

Edificios históricos e de interese

  • Casa de la Vila, de estilo neoclásico do arquitecto Miquel Garriga i Roca.
  • Museu Cusí de Farmàcia.
  • Casa Benèfica, de estilo modernista.
  • Casa del Marquès de Masnou, de estilo neoclásico.
  • Casino, edificio modernista con algúns elementos eclécticos.
  • Casa de Cultura, tamén de estilo modernista.
  • CEIP Ocata, interesante adaptación do estilo modernista a instalacións de uso público.
  • Museu Municipal de la Nàutica del Masnou. Está situado no actual Edifici Centre.

Masnovins ilustres

Véxase tamén

Ligazóns externas