Huelva: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 52 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q12246
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|37|15|50|N|6|57|47|W|display=title}}
{{Coordenadas|37|15|50|N|6|57|47|W|display=title}}
{{Cidade
{{Cidade
|escudo = [[Ficheiro:Escudo de Huelva1.svg|90px]]
|escudo = Escudo de Huelva1.svg
|bandeira = [[Ficheiro:Flag of the City of Huelva (official).PNG|150px|border]]
|bandeira = Flag of the City of Huelva (official).PNG
|imaxe = [[File:Sevilla2005Julio 033.jpg|300px]]
|imaxe = [[File:Sevilla2005Julio 033.jpg|300px]]
|pé = Catedral de Huelva.
|pé = Catedral de Huelva.

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2013 ás 19:27

Coordenadas: 37°15′50″N 6°57′47″O / 37.26389, -6.96306 Modelo:Cidade

Huelva é unha cidade española, capital da provincia de Huelva, en Andalucía. Está situada na costa suroeste de España, na confluencia dos ríos Tinto e Odiel, que forman a Ría de Huelva. O municipio ten unha extensión de 149 km², e a súa poboación en 2010 era de 149.310 habitantes.

O clima é moi benigno, pois é de transición entre subtropical (de variedade bética) e temperado (de variedade mediterránea). A temperatura é suave grazas a ter preto o mar, posto que a súa brisa enfría o caloroso clima.

As principais industrias onubenses son as relacionadas coa química e a pesca (Huelva conta cun importante porto pesqueiro, unha ampla flota e unha longa tradición mariñeira). O marisco e peixe onubenses gozan dunha significativa fama.

O porto de Huelva é un dos de maior actividade de España, grazas a construcións portuarias de finais do século pasado.

O poboamento onubense comeza a ter grande importancia na Idade do Bronce, adquirindo o seu auxe durante a civilización tartéssica (en torno aos séculos VIII e VI antes de Cristo). En séculos posteriores comezan a chegar comerciantes fenicios e gregos. Durante a época romana, o lugar que corresponde á provincia é chamada Beturia (entre o Betis, o Guadalquivir, e o Anas, o Guadiana), está poboado polos celtici, e máis tarde existe Onuba Aesturiana. Durante a época visigoda ten maior importancia a localidade de Niebla. Ao conquistar a cidade os musulmáns, chámana Welba. A cidade é reconquistada por Afonso X o Sabio. En 1873, as minas de Riotinto converten a Huelva nun importante porto. Os novos polígonos industrias do século XX fan que Huelva aumente considerablemente a súa poboación.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA