Camille Claudel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxos de formato
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29: Liña 29:


==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
{{Commonscat|Camille Claudel}}
{{commons}}
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://german-uribe.blogspot.com/2010/07/llamarse-camille-claudel.html Llamarse Camille Claudel] Artigo do escritor [[Germán Uribe]] {{es}}
*[http://german-uribe.blogspot.com/2010/07/llamarse-camille-claudel.html Llamarse Camille Claudel] Artigo do escritor [[Germán Uribe]] {{es}}

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2013 ás 13:42

Camille Claudel.

Camille Claudel, nada en Fère-en-Tardenois (Aisne) o 8 de decembro de 1864 e finada en Montdevergues (Vaucluse) o 19 de outubro de 1943, foi unha escultora francesa.

Traxectoria

Dende a súa infancia en Champagne, Camille foi unha moi apaixonada da escultura: xogaba co barro e esculpía ás persoas que a rodeaban, como o seu irmá Paul e a súa servente Hélène. Naceu no seo dunha familia acomodada que se trasladou, sendo Camille aínda unha meniña, a Villeneuve-sur-Fère onde naceu o seu irmán, o poeta e diplomático Paul Claudel, en 1868. Aínda que a familia residiu posteriormente noutras localidades, os verán sempre os pasaron en Villeneuve. En 1881 a familia trasladouse a París. Camille tentou entrar na École des Beaux-Arts, pero non a admitiron por ser muller, polo que alugou un estudio que compartiu con dúas americanas, entre as que estaba Jessie Lipscomb, e onde lles daba clase un profesor da École, ata que en 1883 este marchou a Roma pedíndolle a Auguste Rodin que o substitúa. Tras algunhas vacilacións este aceptou, coa condición que Camille vaia ao seu obradoiro. Alí convértese na súa inspiración, o seu modelo, a súa confidente e a súa amante. O coñecemento da súa relación pola familia levou a que Camille deixara a casa familiar. En 1892 rematou a súa relación amorosa con Rodin, aínda que se seguiron vendo regularmente ata 1898.

Auguste Rodin

Camille Claudel no taller de Rodin, ca. 1899

Ten o seu encontro con Auguste Rodin en 1883, e o ano seguinte empeza a traballar no seu taller. Camille posa para el e colabora na realización das figuras da monumental As Portas do Inferno. A obra da escultora, a pesar de ser moi próxima á do seu mestre, ten o seu toque persoal e feminino, sen ser nunca unha copia; por iso, Octave Mirbeau proclamou o seu xenio. Ademais de ser unha das súas principais colaboradoras, foi tamén a súa amante e compañeira durante algúns anos; converteuse no seu modelo e a súa musa, inspirando obras como La danaie o Fugit Amor.

Produciuse entre ambos un clima de colaboración e enfrontamento que enriqueceu o labor mutuo. A pesar da paixón, a relación entre Rodin e Camille é complicada, conflitiva e con interrupcións e crises[1].

Frecuentaron xuntos os ambientes artísticos e culturais máis importantes do París da época e pasaron xuntos longos períodos fora da cidade, pero Rodin está unido sentimentalmente a outra muller, Rose Beuret, á que non ten intención de abandonar para casar con Camille. Esta situación será a inspiración dunha das obras máis importantes de Camille: A Idade Madura[2]. Nesta escultura vemos representada a escena de Camille de xeonllos e suplicante, dirixindo as súas mans cara a Rodin, quen lle da as costas mentres unha muller medio anxo-medio meiga, que representa a Rose Beuret, lévao.

Unha vez rota a súa relación co escultor, entra na súa vida Claude Debussy, pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. Nesta época de crise emocional, Camille péchase no seu taller e afástase do mundo. En decembro de 1905, Camille realizou a súa última exposición.

A partir de 1905 a saúde mental de Camille comezou a degradarse, desaparecía por longos períodos de tempo, destruíu gran parte da súa obra e tiña crises de paranoia. Acusou a Rodin de roubarlle as súas ideas e de tentar asasinala. Logo da voda do seu irmán, en 1906, viviu practicamente confinada no seu estudio.

Declive

A partir de aí, sufriu sucesivas crises nerviosas que agudizarán cada vez máis e comezou a destruír as súas obras. Non tivo apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá seguían sendo hostís ás súa forma de vida e o seu irmán Paul estaba lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negou reiteradamente a internar á súa filla como lle pedían os seus familiares directos.

O 3 de marzo de 1913 morreu o seu pai. O 10 de marzo a súa nai decidiu internala no sanatorio de Ville-Evrard e en xullo en Montdevergues, manicomio do cal, a pesar da súa recuperación e os seus lúcidos e desgarrados rogos ó seu irmán Paul, nunca saíu. Pechada pasou os derradeiros trinta anos da súa vida. A familia prohibiu que recibira visitas e nunca foron vela. Faleceu en 1943 e foi enterrada nunha tumba sen nome, só cos números 1943 -n392, no pequeno cemiterio da institución mental de Montdevergues. Á morte de Paul Claudel en 1955, ergueuse o veto que existía na familia sobre Camille e os descendentes quixeron dar unha tumba digna a Camille Claudel. Escribiron a Montdevergues solicitando a situación da tumba e a exhumación para o seu traslado. A institución contestou que a tumba desaparecera, xa que a institución necesitara unha serie de ampliacións e se utilizaran os terreos do pequeno cemiterio onde se enterraban os pacientes esquecidos polas súas familias[3].

En 1988 estreouse a película francesa Camille Claudel, dirixida por Bruno Nuytten e con Isabelle Adjani e Gérard Depardieu nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.

Notas

  1. Museo Rodin. «Cronología de Auguste Rodin». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  2. Museo de Orsay. «Camille Claudel, La edad madura». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.
  3. Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén

Ligazóns externas