Soneto de Monterrei: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q9078905
m engado a Categoría:Poesía mediante HotCat
Liña 33: Liña 33:


[[Categoría:Literatura galega]]
[[Categoría:Literatura galega]]
[[Categoría:Poesía]]

Revisión como estaba o 22 de xuño de 2013 ás 13:51

O Soneto de Monterrei é un poema do século XVI e unha das poucas mostras de literatura galega dos séculos escuros. Descoñécese a súa autoría, e aínda que se atribuíu nun principio a Luís de Camões, parece pouco probábel para un poema con contido sutil e maduro para un Camões que nesa altura non podía ter máis de quince anos[1].

Texto

Soneto de Monterrei
Alá en Monterrei en Val de Laça,
a Violante vi beira de un río
tan fermosa, en verdá, que quedei frío
de ver alma inmortal en mortal maça.
De un alto e lindo corpo a seda laça
a pastora sacaba fío a fío,
quando lle dise: - “Morro, corta o fío”
- “Vólveo, non cortarei, seguro pasa”.
- “¿E como pasarei, se eu acá quedo?
Se pasar –respondí- non vou seguro
que este corpo, sen alma, morra cedo”.
- “Coa miña, que levas, te aseguro
que non morras pastor” – “Pastora hei medo;
o quedar me parece máis seguro.
Anónimo, 1530-1540

Notas

  1. TARRÍO VARELA, A.: Literatura galega, Xerais, 1994, páx. 85

Véxase tamén