Baía de Alxeciras: Diferenzas entre revisións
Alxeciras |
|||
Liña 15: | Liña 15: | ||
Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar. |
Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar. |
||
Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano [[2007]] que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar |
Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano [[2007]] que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar sitios arqueolóxicos subacuáticos de importancia. |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 22 de xuño de 2013 ás 11:34
Coordenadas: 36°7′51.91″N 5°23′45.63″O / 36.1310861, -5.3960083
A Baía de Alxeciras é unha baía situada no sur da península Ibérica, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7.500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.
As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Alxeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.
Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de Baía de Alxeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).
Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.
Polémicas
A baía de Alxeciras é escenario continuo de protestas de grupos ecoloxistas, os cales denuncian especialmente o denominado bunkering. Esta actividade consiste no traspaso de petróleo ou derivados deste dun barco a outro no mar. Producíronse nos últimos anos accidentes de gabarras destinadas a esta actividade, especialmente con destino a Xibraltar, que se traduciron en verteduras de fuel e outros derivados.
Aproximadamente transvásanse 5 millóns de toneladas de fuel mariño cada ano. Estes transvasamentos lévanos a cabo sobre todo tres compañías con base en Xibraltar.
Tamén xurdiu polémica a presenza de barcos cazatesouros na Baía durante o ano 2007 que, segundo as autoridades españolas puideron espoliar sitios arqueolóxicos subacuáticos de importancia.