Bagdad: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
{{Fusióndesde|Historia de Bagdad}}
{{Fusióndesde|Historia de Bagdad}}
{{Cidade
{{Cidade
|nomelingua1= بغداد
|nome_local = بغداد
|código = ar
|lingua1=[[Lingua árabe|árabe]]
|escudo =
|escudo =
|bandeira =
|bandeira =

Revisión como estaba o 19 de xuño de 2013 ás 14:09

Coordenadas: 33°19′30″N 44°25′34″L / 33.325, 44.426


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Modelo:Cidade

Bagdad é a capital do Iraq, e a segunda cidade do mundo árabe en poboación total, despois do Cairo. Sitúase ás marxes do río Tigris, no centro do país.

Foi fundada en 762 polo califa al-Mansur, nun local onde existiu unha vila persa. Tornouse unha cidade rica e esplendorosa, ata que foi destruída en 1268 polo Imperio Mongol. En 1638 tornouse parte do Imperio Otomán, e foi ocupada polos británicos en 1917. En 1920 tornouse capital do reino do Iraq.

Orixe etimolóxica do nome

Aínda que non se discute a súa orixe persa, hai varias teorías en cuanto á súa etimoloxía. A máis aceptada entre elas é que o nome procede do persa Medio, e está composto de Bag "deus" + dād "doado", traducíndose como "doado por Deus" ou "o agasallo de Deus", no persa moderno Baɣdād. Outra proposta é que o nome proveña do persa Medio Bāgh-dād "O xardín Doado". O nome é pre-islámico e as orixes non son claras, pero relaciónase con asentamentos anteriores, que non teñen ningunha importancia política ou comercial, polo que é, na práctica, unha fundación en tempos do Califato Abasí. Mansur chama á cidade "Madinah al-Salam", ou "Cidade da Paz", como unha referencia ó paraíso. Este foi o nome oficial nas moedas, pesos e outras cosas.

Xeografía e clima

Diagrama do clima de Bagdad.

A cidade está situada nunha vasta chaira divida polo río Tigris. Este divide a Bagdad en dous, a metade leste, coñecida tamén como "Rusafa", e a metade oeste, a "Karkh". O terreo onde se sitúa a propia cidade é chan e de baixa altura, produto dun aluvión orixinal debido ás longas e periódicas inundacións provocadas polo río.

Bagdad posúe un clima moi caloroso e árido (BWh, segundo a táboa de Köppen), sendo unha das cidades máis calorosas do mundo.[1] Durante o período estival, de xuño a agosto, a temperatura media é de 34,8 °C, acompañada de sol constante. A chuvia é practicamente descoñecida na zona nesa estación. Durante o día, os termómetros poden dispararse ata os 50 °C á sombra e pola noite baixar ata os 25 °C. A humidade é tamén moi baixa debido á distancia que separa a cidade do Golfo Pérsico, o que axuda a que se formen frecuentemente tormentas de po que se orixinan no deserto.

Durante o inverno, de decembro a febreiro, as temperaturas suavízanse notablemente. As máximas varían entre os 25 e 26 °C e as mínimas habitualmente nos -6 °C, aínda que non é estraño en Bagdad experimentar temperaturas en inverno por baixo dos -10 °C. A presencia do Tigris, atenúa o efecto do clima continental.

A chuvia anual limítase ó período que vai de novembro a marzo, sendo de media uns 140 milímetros con rexistros máximos de 215 e mínimos de 0 mm. O 11 de xaneiro de 2008 produciuse unha estampa insólita en Bagdad, xa que a cidade amenceu cuberta dunha fina capa de xeo, a primeira en 100 anos.[2]

Goberno

Palacio Presidencial de Bagdad.

A cidade de Bagdad ten 89 barrios oficiais dentro de 9 distritos. Estas subdivisións da cidade serviron como centros administrativos para o reparto dos servizos municipais pero ata 2003 non tiñan unha función política específica. A comezos de abril de 2003, os Estados Unidos controlaron a Autoridade Provisional da Coalición (CPA) dando comezo á creación de novas funcións para eles. O proceso inicialmente enfocouse na elección dos consellos dos barrios nos propios barrios oficiais, elixidos polos caucus locais. O CPA convocou unha serie de reunións en cada barrio para explicar o goberno local, describir o proceso de elección de caucus e fomentar a participación do pobo. Cada proceso nos barrios finaliza cunha reunión local onde os candidatos para os consellos locais fan propaganda e campaña electoral. Cada consello dos barrios elixe ós representantes entre os seus membros para servir nun dos consellos dos nove distritos da cidade. O número de representantes dos barrios nun consello de distrito está baseado na poboación de cada barrio. O seguinte paso consiste en que cada un dos consellos dos nove distritos nomee ós seus representantes electos, para formar o Concello de Bagdad con 37 membros.

Edificio do Goberno.

Emprégase o mesmo proceso para nomear ós concelleiros representativos para as demais comunidades na Provincia de Bagdad, fóra da propia cidade. Alí, elíxense os consellos locais de 20 barrios (Nahia) e eses consellos elixen representantes entre os seus membros para actuar nos seis consellos de distrito (Qada). Do mesmo xeito que dentro da cidade, os consellos de distrito elixen representantes entre os seus membros para nomear os 35 membros do Consello Rexional de Bagdad.

O paso final no establecemento do sistema de goberno local para a Provincia de Bagdad é a elección do Consello Provincial de Bagdad. Os representantes do Consello Provincial son elixidos en proporción ó nivel de poboación dos distritos que representan. Os 41 membros do Consello Provincial obtiveron o cargo en febreiro de 2004 e serviron ata as eleccións nacionais celebradas en xaneiro de 2005, cando foi elixido o novo Consello Provincial.

Os nove distritos administrativos son:


Notas

Véxase tamén

Outros artigos