Arenito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 53 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q13085
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 3: Liña 3:


== Aspecto ==
== Aspecto ==
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha [[lixa]]. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á [[meteorización]] ([[cuarzo]] principalmente, [[mica]]s, feldespatos e [[óxido]]s) e fragmentos de rochas.
Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha [[papel de lixa|lixa]]. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á [[meteorización]] ([[cuarzo]] principalmente, [[mica]]s, feldespatos e [[óxido]]s) e fragmentos de rochas.


Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, [[feldespato]]s e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitas os de [[cuarciarenita]]s (arenitas de cuarzo), as [[arcosa]]s (arenitas de feldespatos), [[grauvaca]]s (rochas con máis do 15% de matriz) e [[litanerita]]s (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as [[calcarenita]]s (formadas por fragmentos de [[rochas carbonatadas]]).
Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, [[feldespato]]s e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitas os de [[cuarciarenita]]s (arenitas de cuarzo), as [[arcosa]]s (arenitas de feldespatos), [[grauvaca]]s (rochas con máis do 15% de matriz) e [[litanerita]]s (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as [[calcarenita]]s (formadas por fragmentos de [[rochas carbonatadas]]).

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2013 ás 09:10

Modelado natural dunha rocha arenita en Namibia.

As arenitas[1] son rochas sedimentarias de tipo detrítico constituídas por areas aglutinadas por un cemento natural que xeralmente caracteriza a rocha. Despois da lulita, é a rocha sedimentaria máis importante.

Aspecto

Distínguense facilmente, pois o seu aspecto é o da area da praia cuxos grans están cementados. O seu tacto é áspero e recorda ao dunha lixa. A súa cor é moi variábel, en función da natureza dos seus grans, do cemento e do ambiente sedimentario onde se orixinaron. A arenita está composta por partículas de tamaño comprendido entre 2 mm e 1/16 mm. Estas partículas son maioritariamente minerais resistentes á meteorización (cuarzo principalmente, micas, feldespatos e óxidos) e fragmentos de rochas.

Clasifícanse atendendo a composición dos seus grans (cuarzo, feldespatos e fragmentos de rochas) e a matriz que os engloba. Así, son nomes comúns de arenitas os de cuarciarenitas (arenitas de cuarzo), as arcosas (arenitas de feldespatos), grauvacas (rochas con máis do 15% de matriz) e litaneritas (formadas por fragmentos de rochas). Estas últimas teñen nomes específicos que denotan o tipo de fragmentos de rocha como as calcarenitas (formadas por fragmentos de rochas carbonatadas).

Notas

  1. Cando a abundancia é un problema: o caso de arenisca, Un idioma preciso, Área de Linguaxes Especializadas SNL da Universidade de Santiago de Compostela - Canalciencia.com, número 20