Ite: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3397918
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:


==Historia==
==Historia==
Ith zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que veu, co consello de [[Breogán]] de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas [[Casitérides]], onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama ''Eirín'' ([[Irlanda]]), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.
Ith zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que víu, co consello de [[Breogán]] de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas [[Casitérides]], onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama ''Eirín'' ([[Irlanda]]), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.


A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: [[Mac Cuill]], [[Mac Grené]] e [[Mac Crech]] pola sucesión do trono do seu pai, [[Neith]]. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.
A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: [[Mac Cuill]], [[Mac Grené]] e [[Mac Crech]] pola sucesión do trono do seu pai, [[Neith]]. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2013 ás 01:31

No Libro das conquistas de Irlanda, Ith é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que cre que hai unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

Historia

Ith zarpa con tres barcos e trinta homes cara as terras que víu, co consello de Breogán de que non debe descabalgar do seu cabalo en canto dure a viaxe. Fai escala nas illas Casitérides, onde algúns amigos se unen á súa expedición. Tras afrontar moitos perigos, chega por fin ás terras ás que se dirixía, ás que chama Eirín (Irlanda), que resultan ser verdes e húmidas coma o reino do seu pai.

A expedición atópase cunha terrible guerra fraticida entre tres irmáns: Mac Cuill, Mac Grené e Mac Crech pola sucesión do trono do seu pai, Neith. Mac Cuill tiña ben decidido que el deixaría as armas polo ben do pobo, pero os outros dous irmáns parecían ser máis ambiciosos que el e non estaban dispostos a compartiren o trono.

Ith decide axudar a Mac Cuill, e vai con el ata a fortaleza de Aleich. Alí son atacados e vencen. Tras isto, convocan ós outros dous irmáns, que aceptan reunirse. Mac Cuill manda falar a Ith, o cal é tomado con hostilidade polos outros irmáns. Ith, sen desmontar do cabalo, dálles ideas ós irmáns, pedíndolles que remate a guerra e que dividan o reino ou reinen xuntos. Sen embargo, mentres Ith falaba, Mac Grené tentaba poñer de acordo a Mac Crech para botar ós "brigantes", pois pensaba que os estranxeiros só querían que os irmáns depuxeran armas para quedarse facilmente co país. Non obstante, Mac Crech' prefería esperar a que se desenvolvesen os acontecementos.

Tras acabar a xuntanza, reuníronse os tres irmáns. Agora Mac Grené tentaba convencer tamén a Mac Cuill de botar fóra ós estranxeiros, expoñendo todo tipo de motivos. Ith, que sospeitaba que os tres irmáns estaban conspirando contra del, decidiu marchar esa mesma noite.

Pero para aquela Mac Grené lograra convencer ós seus irmáns, e os tres decidiron ir a matar a Ith. A expedición brigante foi emboscada mentres marchaba cara á costa, sendo o branco dos irmáns o líder: Ith. Tal foi a sorpresa, que Ith foi derrubado do cabalo. O seu pai déralle o consello de non baixar do cabalo, mais aínda que non o fixera voluntariamente, agora xa non estaba montado. Fóra do cabalo, Ith foi asasinado. Ó facelo, os irmáns fóronse dalí, deixando atrás ós brigantes.

O fillo de Ith e os seus amigos decidiron vingalo, mais pensaron que era pertinente levar o seu corpo a Brigantia. Cumprindo co consello de Breogán, montárono no cabalo para levalo así toda a viaxe. Entón zarparon co corpo de Ith de volta a Brigantia.

Alí, Breogán despediu con tristeza, coma todo o seu pobo, ó seu fillo Ith, tras darlle os tradicionais ritos funerarios. Breogán prometeu vinganza, e decidiu entón invadir Eirín, esta vez levando trinta e catro barcos, un por cada xefe brigante, levando cada un soldados e mesmo mulleres e nenos, para establecerse aló.