Rodolfo Bodipo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
| nationalyears1 = 2003–
| nationalyears1 = 2003–
| nationalteam1 = [[Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial|Guinea Ecuatorial]]
| nationalteam1 = [[Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial|Guinea Ecuatorial]]
| nationalcaps1 = 11
| nationalcaps1 = 12
| nationalgoals1 = 6
| nationalgoals1 = 6
| medaltemplates =
| medaltemplates =
| club-update = 2 de xuño de 2013.
| club-update = 2 de xuño de 2013.
| nationalteam-update =
| nationalteam-update = 16 de xuño de 2013.
}}
}}
'''Rodolfo Bodipo Díaz''', nado o [[25 de outubro]] de [[1977]] en [[Dos Hermanas]] ([[provincia de Sevilla|Sevilla]]), é un [[futbolista]] [[España|hispano]]-[[Guinea Ecuatorial|ecuatoguineano]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|dianteiro]] e o seu equipo actual é o [[Xerez CD]].
'''Rodolfo Bodipo Díaz''', nado o [[25 de outubro]] de [[1977]] en [[Dos Hermanas]] ([[provincia de Sevilla|Sevilla]]), é un [[futbolista]] [[España|hispano]]-[[Guinea Ecuatorial|ecuatoguineano]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|dianteiro]] e o seu equipo actual é o [[Xerez CD]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2013 ás 18:05

Modelo:InfFut2 Rodolfo Bodipo Díaz, nado o 25 de outubro de 1977 en Dos Hermanas (Sevilla), é un futbolista hispano-ecuatoguineano. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Xerez CD.

Traxectoria

Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.

En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.

En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.

En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.

O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,[1] anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.[2]

O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo.[3]

Selección nacional

Bodipo foi internacional con Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.

Palmarés

Deportivo

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas