Marco Claudio Tácito: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 2000 mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:


[[Categoría:Emperadores romanos]]
[[Categoría:Emperadores romanos]]
[[Categoría:Nados en 2000]]
[[Categoría:Nados en 200]]

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2013 ás 16:04

Moeda con representación do emperador

Marcus Claudius Tacitus nace probablemente en Amitermo (Italia), no ano 200. Era o decano do Senado, cando morre asasinado Aureliano.

Ó morrer este, ábrese un período duns seis meses de intreregno, no que non hai emperador. O Senado atopa en Tácito o candidato, xa que era ben aceptado polo pobo romano e polo exército. Nun primeiro intre rexeita a púrpura imperial, aducindo a súa avanzada idade. Pero as presións do Senado fano aceptar a finais do 275.

Home afable, íntegro e amante da literatura, unha das súas primeiras decisións, despois da deificacion de Aureliano, foi perseguir os seus asasinos e condenalos a morte. Nomea a M. Annio Floriano, seu irmán, Prefecto da Garda Pretoriana.

Moi pronto os godos e mais os escitas invadiron o Ponto, Capadocia e Cilicia, poñéndose Tácito á fronte do seu exército da Tracia, xunto co seu irmán, rexeitando os invasores e obrigándoos a voltar de novo as súas terras. Recibe por iso o título de Gothicus Maximus. Pero el xa non torna de novo a Roma, xa que morre en xuño do 276 debido a unhas febres, segundo algúns, ou a unha conxura dos xefes militares, segundo outros. Só estivera sete meses como emperador romano. Sucédeo o seu irmán Floriano, que foi aceptado polo Senado, pero non así polas lexións de Oriente, que nomean a Probo como novo emperador, quen, vencendo a Floriano, queda como sucesor de Tácito.

Imperio Romano

Segue a:
Aureliano
Marco Claudio Tácito
Precede a:
Probo
Emperadores Ilirios