Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións
→Ligazóns externas: engado vídeos sobre a romanización de Galicia nos museos da Coruña, Lugo e Ourense |
|||
Liña 24: | Liña 24: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* Arias Vilas, Felipe. ''A Romanización de Galicia''. Historia de Galicia 4. [[Edicións A Nosa Terra]]. ([[1992]]). |
* [[Felipe Arias Vilas|Arias Vilas, Felipe]]. ''A Romanización de Galicia''. Historia de Galicia 4. [[Edicións A Nosa Terra]]. ([[1992]]). |
||
* Tranoy, Alain. ''La Galice Romaine''. Pub. du Centre Pierre [[París]], 7. ([[1981]]). |
* Tranoy, Alain. ''La Galice Romaine''. Pub. du Centre Pierre [[París]], 7. ([[1981]]). |
||
Revisión como estaba o 9 de xuño de 2013 ás 22:11
- Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)
A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.
Orixe e evolución
O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.
O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.
Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.
Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.
As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio o Vello, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.
Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra Coreografía aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.
Véxase tamén
Bibliografía
- Arias Vilas, Felipe. A Romanización de Galicia. Historia de Galicia 4. Edicións A Nosa Terra. (1992).
- Tranoy, Alain. La Galice Romaine. Pub. du Centre Pierre París, 7. (1981).
Outros artigos
Ligazóns externas
- Xosé C. Villaverde Román, A Romanización do Morrazo. Agrupación Cultural NÓS, Agosto (2000)
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo Provincial de Lugo
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo do Castelo de Santo Antón da Coruña
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo Arqueolóxico de Ourense