Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións
quito ligazón rota a ficheiro |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Infpolitico | |
{{Infpolitico | |
||
nome = Soraya Sáenz de Santamaría| |
nome = Soraya Sáenz de Santamaría| |
||
imaxe = | |
|||
imaxe = [[File:Soraya Sáenz de Santa María tras el consejo de ministros del 18 de enero de 2013.jpg|250px]]| |
|||
datadenacemento = [[10 de xuño]] de [[1971]] {{idade|10|06|1971}}| |
datadenacemento = [[10 de xuño]] de [[1971]] {{idade|10|06|1971}}| |
||
cidadedenacemento = {{ESPb}} [[Valladolid]]| |
cidadedenacemento = {{ESPb}} [[Valladolid]]| |
Revisión como estaba o 5 de xuño de 2013 ás 13:18
María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nado en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Desde o 22 de decembro de 2011 é vicepresidenta, ministra da Presidencia e portavoz do Goberno de España presidido por Mariano Rajoy.
Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.
Biografía
Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]
Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]
Carreira política
En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.
É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]
Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.
Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.
O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]
Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]
O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e portavoz do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9]
Notas
- ↑ Lista para a batalla · elpais.com
- ↑ "Dpto. de Dereito Administrativo da UC3M"
- ↑ http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Soraya/Saenz/Santamaria/da/luz/nino/elpepugen/20111111elpepuage_1/Tes Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com]
- ↑ "Telefónica ficha como asesor xurídico ao marido de Soraya Sáenz de Santamaría". La Voz de Galicia. 22 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ Diario el País, 6 de abril de 2008
- ↑ elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría
- ↑ Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com
- ↑ Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es
- ↑ "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011.
Predecesor: Eduardo Zaplana |
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España 2008 - 2011 |
Sucesor: Alfonso Alonso |
Predecesor: Elena Salgado |
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España 2011 - actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: Ramón Jáuregui |
Ministra de Presidencia de España 2011 - actualidade |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: José Blanco |
Portavoz do Goberno de España 2011 - actualidade |
Sucesor: No cargo |