GSM: Diferenzas entre revisións
edición |
→Tecnoloxías de telefonía móbil: ligazón interna |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
| align="center" | '''3.75G''' || align="center" |HSUPA || High-Speed Uplink Packet Access |
| align="center" | '''3.75G''' || align="center" |HSUPA || High-Speed Uplink Packet Access |
||
|- style="background:#FFFFC4" |
|- style="background:#FFFFC4" |
||
| align="center" | '''4G''' || align="center" |LTE || Long Term Evolution |
| align="center" | '''4G''' || align="center" |[[LTE]] || Long Term Evolution |
||
|- style="background:#FFFFC4" |
|- style="background:#FFFFC4" |
||
| align="center" | '''5G''' || - || - |
| align="center" | '''5G''' || - || - |
Revisión como estaba o 3 de xuño de 2013 ás 21:05
Iconas GSM para identificar terminais e equipamento compatible. |
GSM ou Groupe Spécial Mobile en francés e actualmente chamado en inglés Global System for Mobile Communications é un estándar europeo de telefonía móbil dixital creado polo European Telecommunications Standards Institute (ETSI). Tecnoloxía celular de segunda xeración (2G) desenvolvida para substituír á analóxica de primeira xeración (1G). O GSM son redes dixitais para transmisión de datos cos seus engadidos mellorados, GPRS (General Packet Radio Services). A transmisión de datos foi incrementada empregando tecnoloxía EDGE (Enhanced Data rates for GSM Evolution) chamada EGPRS. O estándard GSM foi posteriormente ampliado empregando a tecnoloxía (3G) chamada UMTS desenvolvido polo 3GPP. A evolución das redes GSM incorporará a cuarta xeración (4G) chamada LTE (Long Term Evolution). En febreiro de 2013 a Comunidade Europea destinou 50 millóns de euros para iniciar as investigacións no estándar 5G[1].
"GSM" é unha marca rexistrada propiedade da GSM Association. A tecnoloxía GSM emprégase actualmente en 800 operadores de 220 países o que ven a ser unha porcentaxe do 82 por cento aproximadamente de tódolos clientes de telefonía móbil do mundo[2].
Tecnoloxías de telefonía móbil
Xeración | Tecnoloxía | Nome |
---|---|---|
0G | PTT MTS IMTS AMTS |
Postal, telegraph, and telephone service Mobile Telephone Service, telefonía VHF Improved Mobile Telephone Service, VHF/UHF Advanced Mobile Telephone System |
0.5G | Autotel/PALM ARP |
Public Automated Land Mobile Autoradiopuhelin, car radio phone |
1G | NMT AMPS |
Nordic Mobile Telephony Advanced Mobile Phone System |
2G | GSM DCS1800 PCS1900 iDEN D-AMPS cdmaOne PDC |
Global System for Mobile Communications Digital Cellular System, GSM 1800MHz Personal Communications Service Integrated Digital Enhanced Network Digital Advanced Mobile Phone System Code division multiple access, Interim Standard 95 Personal Digital Cellular |
2.5G | GPRS | General packet radio service |
2.75G | CDMA2000 1xRTT EDGE |
Code division multiple access 1x Radio Transmission Technology Enhanced Data rates for GSM Evolution |
3G | W-CDMA UMTS FOMA CDMA2000 1xEV TD-SCDMA |
Wideband Code Division Multiple Access Universal Mobile Telecommunications System Freedom of Mobile Multimedia Access Code division multiple access 1x Evolution Time Division Synchronous Code Division Multiple Access |
3.5G | HSDPA | High-Speed Downlink Packet Access |
3.75G | HSUPA | High-Speed Uplink Packet Access |
4G | LTE | Long Term Evolution |
5G | - | - |
Frecuencias
Banda | Nome | Canles | Uplink (MHz) | Downlink (MHz) | Notas |
GSM 400 | GSM 400 | - | 450,4 - 457,6 | 460,4 - 467,6 | Usada en África |
GSM 850 | GSM 850 | 128 - 251 | 824,0 - 849,0 | 869,0 - 894,0 | Usada nos EE.UU., Sudamérica e Asia. |
GSM 900 | P-GSM 900 | 0-124 | 890,0 - 915,0 | 935,0 - 960,0 | Banda GSM en Europa e a máis extendida |
E-GSM 900 | 974 - 1023 | 880,0 - 890,0 | 925,0 - 935,0 | E-GSM, extensión de GSM 900 | |
R-GSM 900 | n/a | 876,0 - 880,0 | 921,0 - 925,0 | GSM ferroviario (GSM-R). | |
GSM1800 | GSM 1800 | 512 - 885 | 1710,0 - 1785,0 | 1805,0 - 1880,0 | Digital Cellular System (DCS) |
GSM1900 | GSM 1900 | 512 - 810 | 1850,0 - 1910,0 | 1930,0 - 1990,0 | Usada en Norteamérica, incompatible con GSM-1800 por solapamento de bandas |
O GSM en España
A tecnoloxía móbil en España iniciouse en 1976 cun servizo para coches limitado a Madrid e Barcelona chamado Teléfono automático en vehículo, entón un teléfono cas baterías podía chegar a pesar máis de oito kg. O servizo mellorouse con tecnoloxías TMA-450 e posteriormente TMA-900, chegando a ter 900.000 clientes en 1996. Para entón os teléfonos pasaron do tamaño chamado tixolo ao dun paquete de tabaco.
O límite técnico teórico do servizo analóxico era de un millón de clientes. En 1995 Telefónica creou a empresa Movistar que empregaba tecnoloxía GSM e que competía ca outra empresa creada por Telefónica en tecnoloxía analóxica chamada MoviLine. Durante un tempo as dúas tecnoloxías competiron no mercado ata que as frecuencias da tecnoloxía analóxica pasaron a empregarse para GSM. Para evitar este monopolio no mercado do GSM fíxose un concurso público co cal creouse Airtel. Co apoio financeiro do Banco Santander. Airtel creou unha rede propia sendo posteriormente vendida a Vodafone. En 1999 xa co mercado moi definido fíxose outro concurso público e creouse Amena, posteriormente vendida a Orange. Amena empregaba GSM1800 MHz polo que necesitaba máis estacións base para dar cobertura. Xa en 2005 o goberno asignoulle máis frecuencias na banda de GSM 900 pero a vantaxe no mercado o seguiron a ter Movistar e Vodafone.
Unha oferta comercial deu grande difusión á telefonía móbil: as tarxetas prepago. Xa non era necesario ter un contrato e pagar unha cota mensual. Podíase gastar en teléfono en función do orzamento dispoñible.
A principios dos anos 2000 pechan as operadoras de telefonía analóxica e repártese o espectro asignando novas frecuencias. Nese mesmo ano concédese unha nova licencia a Xfera en UMTS. Xfera comezou a crear emprazamentos propios pero o atraso da tecnoloxía e as dificultades financeiras fan que a empresa sexa vendida e saia ao mercado en 2006 co nome de Yoigo.
En 2006 o goberno acorda crear un novo tipo de empresa de telecomunicacións móbiles: os operadores virtuais. Operadores de telefonía móbil sen rede propia. Esta nova normativa obriga a Telefónica, Vodafone, Orange e Yoigo (operadores con rede propia) a alugar as súas infraestruturas. En 2009 a Audiencia Nacional confirma a resolución da Comisión do Mercado das Telecomunicacións de España (CMT) e a legalidade dos operadores virtuais rexeitando a denuncia de Telefónica contra os operadores virtuais[3]. En 2007 a cableira galega R pasa a ser operador móbil virtual.
O espectro redioléctrico GSM e 3G está repartido entre os catro operadores con rede propia que hai en España[4].
O mercado das telecomunicacións esta dividido entre catro grandes grupos. Os catro operadores con rede propia, que manteñen o 90% dos clientes, e os operadores virtuais que están a medrar a conta deles o 10% [5].
En España había en 2011 un total de 98.533 estacións base de telefonía móbil: GSM900, GSM1800 e UMTS[6] os operadores de telecomunicacións están a empregar varias tecnoloxías simultaneamente: 2G/3G/3.5G. O 3.5G é moi superior tecnolóxicamente pero a maioría das estacións base son 2G conmutando dunha tecnoloxía a outra segundo sexa o nivel de cobertura. O 3.5G emprégase en zonas con moita densidade de poboación e para datos.
Clientes de telefonía móbil en España
Fonte: Observatorio nacional de telecomuniaciones y de la SI[7]
GSM e software libre
Aínda que o estándard GSM é público os desenrolos feitos con isa tecnoloxía están patentados e non son de uso libre. De feito é imposible fabricar teléfonos móbiles ou equipamento sen empregar patentes. Existen varios proxectos para aplicacións GSM libres:
- GSMD de Openmoko. É un proxecto para crear software libre para teléfonos móbiles, incluíndo as especificacións do hardware e o sismema operativo. Está baseado en Linux [8].
- OpenBTS (Open Base Transceiver Station) é un software GSM compatible para estacións de telefonía móbil[9].
Notas
- ↑ La Comisión apuesta por el 5G, la quinta generación de móviles
- ↑ GSMA (en inglés)
- ↑ La Audiencia Nacional confirma la legalidad de los "operadores virtuales". Expansión (en castelán).
- ↑ Mapa de la cobertura 3G/UMTS en España (en castelán)
- ↑ CUOTA DE MERCADO DE LA TELEFONÍA MÓVIL CMT blog
- ↑ INFRAESTRUCTURAS - b) Acceso redes móviles 20. Estaciones base por tipo de servicio y por tecnología (en castelán)
- ↑ Evolución del número de clientes de telefonía móvil en España. Diciembre de 2011 (en castelán).
- ↑ Openmoko (en varias linguas)
- ↑ OpenBTS (en inglés)
Véxase tamén
- GSM Association (en inglés)
- Mapa interactivo con tódalas antenas de telefonía móbil de España e as características técnicas (operador, tecnoloxía, frecuencias, nome da estación, etc) Ministerio de Industria, Energía y Turismo
Bibliografía
- GSM/EDGE EVOLUTION AND PERFORMANCE. Mikko Säily, Guillaume Sébire e Dr. Eddie Riddington (editores) Wiley, 2011. 516p. New Delhi, India. ISBN 9780470746851 (HB).