Megasa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engadida foto da gándara
→‎Empresas do grupo: peche da empresa
Liña 50: Liña 50:


En xuño de 2010 vendeu a súa participación do 6,46% na portuguesa Cimpor por 282 millóns de euros<ref>[http://elpais.com/diario/2010/06/11/galicia/1276251496_850215.html Megasa ingresa 282 millones en pleno ERE para 175 obreros] [[El País]] {{es}}.</ref>.
En xuño de 2010 vendeu a súa participación do 6,46% na portuguesa Cimpor por 282 millóns de euros<ref>[http://elpais.com/diario/2010/06/11/galicia/1276251496_850215.html Megasa ingresa 282 millones en pleno ERE para 175 obreros] [[El País]] {{es}}.</ref>.

En Xuño de 2013 a dirección anunciou o peche da empresa para o mes de agosto pola imposibilidade de competir ca nova tarifa eléctrica. As empresas cun consumo de máis de 100 MW teñen unha bonificación de 35 euros por megavatio, mentras que as de menos, como o caso de Megasa, cobran 20 euros por MW<ref>[http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/una-orden-gubernamental-pone-en-jaque-el-futuro-de-megasa/20130603161125048228.html Una orden gubernamental pone en jaque el futuro de Megasa DiariodeFerrol.com]</ref>.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 3 de xuño de 2013 ás 18:37

Coordenadas: 43°30′49″N 8°9′49″O / 43.51361, -8.16361

Megasa S.A.

Megasa, vista dende Neda
TipoSociedade Anónima
Fundación1953
LocalizaciónEstrada de Castela, 802-820 Xuvia, Narón 15570 A Coruña Galicia Galicia
FundadorBartolomé Freire Lago
IndustriaMetal
ProdutosSiderurxia
Metalurxia
Ferro
Número de empregados200[1] (1.000 en todo o grupo)
editar datos en Wikidata ]

Metalurgia Galaica, SA., coñecida polo seu acrónimo Megasa, é unha empresa siderometalúrxica situada no concello coruñés de Narón no barrio de Xuvia. Adícase á laminación de redondos para construción.

Historia

Freire Hermanos no polígono da Gándara, Narón.

A empresa ten a súa orixe cando Bartolomé Freire Lago, o maior de dez irmáns, funda en Xuvia un almacén de ferralla. A familia Freire é orixinaria das Somozas. Bartolomé Freire é un mozo emprendedor dunha familia de ferreiros que en 1924 e con vinte años emigra a Cuba. De alí volta en 1931 para seguir a traballar na ferrería da familia. En 1933 trasládase dende As Somozas a Narón. Na ribeira dereita do río Grande de Xuvia crea un pequeno obradoiro no que aproveita e traballa os recortes da chapa de aceiro dos esteleiros da Sociedad Española de Construcción Naval na ría de Ferrol. As pezas véndellas aos ferreiros da zona para facer ferramentas e aparellos para o agro.

O negocio medra rápidamente e en 1937 Freire traslada o negocio a un terreo na estrada de Castela, xunto á estación de Feve en Xuvia, onde dende entón está Megasa. Alí adícanse tamén ao estirado de tubos de aceiro usados e á fabricación de remaches para xuntar chapas de aceiro.

En 1943 ao negocio incorpóranse os seus irmáns Xosé e Fernando cos que funda Freire Hermanos, S.L. Para fabricar parafusos, torcas, remaches e outros produtos metálicos cun novo forno de fundición de chatarra. En 1949 a empresa xa entón cuns sesenta traballadores pasa a ser unha sociedade anónima. En 1953 “Freire Hermanos” adícase exclusivamente a almacén de ferralla. A fabricación de parafusos e relaminación de ferros pasa a charmarse Metalúrgica Galaica, S.A. (MEGASA). A nova empresa será unha fundición de aceiro en forno eléctrico para a elaboración de aceiro para laminación. En 1959 Megasa merca Ferrerías de Arcade, S.A. fundición situada ao fondo da ría de Vigo, próxima á desembocadura do río Verdugo. A fundición tiña un forno eléctrico e un tren de laminación de perfiles e chapas.

O elevado consumo de electricidade do forno eléctrico e a falta de subministración local fai que os irmáns Freire decidan a construción dunha central hidroeléctrica. A central eléctrica de Ferrerías (Valdoviño) para abastecer MEGASA constrúese no río das Forcadas. A construción en 1965 do encoro das Forcadas leva ao peche da central ata que en 1980 faise cargo dela outra empresa[2].

O 4 de decembro de 1997 faleceu Bartolomé Freire Lago. Nese mesmo ano Megasa Siderúrxica S.L. (a fábrica de Xuvia) foi escindida do Grupo Megasa, Metalúrxica Galaica S.A.

Medio ambiente

Esta empresa levou a cabo uns recheos de 100.000 m² sobre a ría de Ferrol empregando escouras de fundición. Recentemente tivo problemas coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia por estar relacionada con vertidos contaminantes[3]. A empresa emprega a auga do río Grande de Xuvia cunha captación propia.

Empresas do grupo

Megasider Río do Pozo, Narón.
  • Megasa
  • Megasider, S.L. fabricante de mallas electrosoldadas e situada en Río do Pozo, Avda. Gonzalo Navarro, 88-90, 15541 San Mateo-Narón, A Coruña
  • Freire Hermanos. Distribución de material. Polígono de A Gándara, Narón

En 1995 mercou a sociedade portuguesa Siderurgia de Produtos Longos con dúas fábricas. Unha en Seixal, preto de Lisboa e outra en Maia, preto de Porto. En 2004 entrou no accionariado de Cimpor[4].

En xuño de 2010 vendeu a súa participación do 6,46% na portuguesa Cimpor por 282 millóns de euros[5].

En Xuño de 2013 a dirección anunciou o peche da empresa para o mes de agosto pola imposibilidade de competir ca nova tarifa eléctrica. As empresas cun consumo de máis de 100 MW teñen unha bonificación de 35 euros por megavatio, mentras que as de menos, como o caso de Megasa, cobran 20 euros por MW[6].

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas