Manuel Gómez del Valle: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) lig int |
Xas (conversa | contribucións) Sen resumo de edición |
||
Liña 6: | Liña 6: | ||
Foi sometido a un [[Consello de Guerra]] sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote [[Fernando Quiroga Palacios]], máis tarde [[cardeal (relixión)|cardeal]], que asistiu ao fusilamento. A súa nai, [[María del Valle Lozano]], foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en [[Xinzo de Limia]]. O seu irmán, [[Ricardo Gómez del Valle]], foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara o final da mesma, trala toma de [[Valencia - València|Valencia]], por un falanxista. |

A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista ''[[Escuela |
A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista ''[[Escuela del Trabajo]]'' ("Krupp 42"), a poesía (''Rebeldía'', ''Poema'', ''Manifiesto pastoril a los niños pobres del campo'', etc) en ''[[Heraldo de Galicia (1930)|Heraldo de Galicia]]'', ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'' e ''[[Vieiros (revista)|Vieiros]]''. |
||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
Revisión como estaba o 3 de xuño de 2013 ás 09:49
Manuel Gómez del Valle, nado na Habana en 1906 e finado en Ourense o 11 de agosto de 1936, foi un xornalista, poeta e profesor galego.
Traxectoria
Fillo de emigrantes galegos en Cuba, estableceuse en Ourense en 1918 onde estudou o bacharelato. Foi profesor en Amoeiro e Vilamarín. Cando se produciu a sublevación do 18 de xullo de 1936, xunto ao socialista Fernando Cordón García, funcionario de aduanas en Verín, trasladáronse á Gudiña para unirse a quen estivera disposto a facer fronte á sublevación militar. Foron detidos en Xinzo de Limia pola Garda Civil o 21 de xullo e trasladados a Ourense.
Foi sometido a un Consello de Guerra sumarísimo que o condenou á pena de morte, sendo executado o 11 de agosto no Campamento de San Francisco de Ourense, a pesar das peticións de indulto do daquela sacerdote Fernando Quiroga Palacios, máis tarde cardeal, que asistiu ao fusilamento. A súa nai, María del Valle Lozano, foi detida por ter pedido a conmutación da pena capital, internada no cárcere de Celanova e asasinada en Xinzo de Limia. O seu irmán, Ricardo Gómez del Valle, foi obrigado a participar na guerra como soldado do bando franquista, sendo asasinado cara o final da mesma, trala toma de Valencia, por un falanxista.
A súa obra está dispersa en distintas publicacións. En prosa na revista Escuela del Trabajo ("Krupp 42"), a poesía (Rebeldía, Poema, Manifiesto pastoril a los niños pobres del campo, etc) en Heraldo de Galicia, Cristal e Vieiros.
Véxase tamén
Bibliografía
- Hermida García, Modesto (1987). Do Castro, ed. As revistas literarias en Galicia na Segunda República. Sada. p. 107. ISBN 8474923301.
- Alonso Guirgado, Luís. Cristal. pp. 80–81.
- Alonso Montero, Xesús (1999). "Manuel Gómez del Valle, poeta, comunista e mártir (1906-1936)". Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 2: 21–29. Consultado o 2 de xuño de 2013.