Alberto Camino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Pementa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
[[Categoría:Nados en Ferrol]]
[[Categoría:Nados en 1821]]
[[Categoría:Nados en 1821]]

Revisión como estaba o 2 de xuño de 2013 ás 18:27

Alberto Camino Sigüer, nado en Ferrol o 1 de novembro de 1821[1] e finado en Madrid o 2 de marzo de 1861, foi un avogado e escritor galego.

Traxectoria

Cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ás actividades da Academia Literaria de Santiago, colaborou con artigos e poemas en El Iris de Galicia, El Miño, El Porvenir e La Aurora de Galicia e tamén en medios non galegas (La Antorcha e La Esperanza). Non deixou publicado ningún libro en galego, e pénsase que a súa obra inédita (ou parte dela) foi mandada queimar polo propio Camino nun acto de tolemia poucos días da súa morte[Cómpre referencia]. Este escritor destacou como compositor de panxoliñas de Nadal e Reis, mais tamén como poeta elexíaco. De feito, dúas das súas máis coñecidas e composicións son elexías, os poemas Nai chorosa e O desconsolo. Escribiu tamén os vilancetes, incluídos no volume Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo y degollación de los Inocentes en el Hospicio de Santiago (1849), titulados “Falade ben baixo” e “Alegría, festa e rúa”, datados entre 1848 e 1849. En castelán escribiu o poema “La conquista de México”, a comedia en verso A la vejez aladares de pez e o drama Lisardo el estudiante. No Álbum de la Caridad recóllense poemas seus como os titulados “Repique” ou “Blas, baila a muiñeira”. En 1896, Andrés Martínez Salazar recolleu as súas composicións poéticas co título Poesías gallegas.

Notas

  1. Segundo Manuel Murguía. Porén, segundo Ricardo Carvalho Calero, José Novo García afirmaba que lle tiña ouvido ao irmán de Alberto Camino, Domingo Camino, que a cidade natal deste poeta era Santiago de Compostela

Véxase tamén

Bibliografía