Diferenzas entre revisións de «Óptica»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
→‎Óptica clásica: Raio (xeometría)
m (Bot: Retiro 80 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q14620)
m (→‎Óptica clásica: Raio (xeometría))
* Na óptica xeométrica, os raios son desviados na [[interfase]] (ou fronteira) entre dous medios homoxéneos diferentes; poden ser curvados nun [[medio]] heteroxéneo no que o [[índice de refracción]] é función da posición. A luz segue traxectorias entre dous pontos dados que minimizan o tempo empregado, en cumprimento do [[principio de Fermat]], así a característica do medio que afecta á propagación é a velocidade da luz no mesmo (i.e. o [[índice de refracción]]). Coa óptica xeométrica pódense abordar problemas habituais de instrumentación óptica relacionados coa obtención da imaxe.
* Na óptica ondulatoria, a luz componse de ondas esféricas procedentes de fontes puntuais que en conxunto conforman unha fronte de ondas. A grandes distanzas da fonte esta fronte pódese considerar plana. Esta aproximación á propagación da luz permite explicar fenómenos ópticos como a [[difracción]], a [[interferencia]], a [[cor]] etc...
A conexión entre ambas perspectivas atópase no feito do ''[[Raio (xeometría)|raio]]'' da Óptica xeométrica ser perpendicular á [[fronte de onda]] considerada na [[Óptica física]] ou [[Óptica Ondulatoria]].
 
'''Conceptos''': [[Índice de refracción]], [[Reflexión (física)|Reflexión]], [[Refracción]], [[Difracción]],[[Dispersión (óptica)|Dispersión]], [[Polarización]], [[Coherencia (física)|Coherencia]], [[Principio de Fermat]], [[Lei de Snell]], [[Fórmula do construtor de lentes]], etc.
109.215

edicións

Menú de navegación