Matsuo Basho: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Arranxo o formato do modelo.
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 41: Liña 41:
:Nun vello tanque  
:Nun vello tanque  
:Salta unha rá  
:Salta unha rá  
:Ruido da agua  
:Ruído da auga  
|}
|}


Liña 100: Liña 100:
[[Categoría:Nados na prefectura de Mie]]
[[Categoría:Nados na prefectura de Mie]]
[[Categoría:Nados en 1644]]
[[Categoría:Nados en 1644]]
[[Categoría:Findos en 1694]]
[[Categoría:Finados en 1694]]

Revisión como estaba o 30 de maio de 2013 ás 16:49

Modelo:Caracteresxaponeses

Infotaula de personaMatsuo Basho
Ficheiro:MatsuoBashoChusonji.jpg
Estatua de Matsuo Basho, Chusonji, Hiraizumi, Prefectura de Iwate, Xapón.
Nome orixinal(ja) 松尾芭蕉 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 金作 Editar o valor em Wikidata
1644
Ueno
Morte28 de novembro de 1694
Osaka
Lugar de sepulturaGichū-ji (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSekiguchi Bashōan (en) Traducir
Genjū-an (en) Traducir
Bashō's birth house (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Edo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorSengin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticopoesía
MovementoShōfū haikai (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresKitamura Kigin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosTakarai Kikaku../... 25+ (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literario甚七郎
甚四郎
俳聖 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: 97894d11-10c1-41b4-9026-1b49f5dc17c5 IMSLP: Category:Matsuo,_Bashō Find a Grave: 201274929 Editar o valor em Wikidata

Matsuo Bashō (松尾 芭蕉, まつお ばしょう, de apelido Matsuo e de alcume Bashō, bananeira), nado preto da vila de Ueno (actual cidade de Iga), na provincia de Iga (actual prefectura de Mie) en 1644 e finado en Osaka o 28 de novembro de 1694, foi un poeta xaponés, coñecido principalmente por ese xénero de poemas curtos que hoxe chamamos haiku.

Traxectoria

Naceu nunha familia de orixe samurai. Aínda neno (9 anos) veu a ser paxe de Tōdō Yoshitada, un potentado local, dous anos mais vello que el, con grande interese no haikai no renga. En común, tiñan o amor pola poesía e as ensinanzas que recibiron dos grandes mestres da época. En 1662, Bashō publicou o seu primeiro poema. Dous anos despois, os dous amigos compuxeran un poema encadeado de 100 estrofas, xuntamente con outros poetas amadores.

En 1666, coa morte do xoven amigo, Bashō ficou impedido de continuar na súa casa. Pouco se sabe sobre esa época da súa vida. Os seus poemas, entretanto, continuaran a ser publicados. Antes de se mudar para Edo (actual Toquio), en 1672, Bashō edita unha antoloxía, Kai Ooi, que el mesmo organizou. En Edo, Bashō foi admirado polo seu estilo simple e natural. Tomou o nome literario de Tosei e arredor de 1680 dedicábase a ser profesor de poesía, chegou a ter 20 discípulos que publicaron Os Mellores poemas dos Vinte Discípulos de Tōsei(桃青門弟独吟二十歌仙, Tōsei-montei Dokugin-Nijukasen).

Bashó, após a publicación de Minashiguri, antoloxía de versos publicada en 1684, realiza a primeira das súas catro viaxes polo Xapón. É desa época (1685) o seu haiku mais célebre, No vello tanque,

Xaponés Transliteración Tradución[1]
古池や
蛙飛びこむ
水の音
Furu ike ya  
kawazu tobikomu  
Mizu no oto  
Nun vello tanque  
Salta unha rá  
Ruído da auga  


e tamén o seu libro mais famoso, Sendas de Oku [2].

Na súa última viaxe, Bashō adoece antes de chegar ao local destinado, (Kiushu). O seu último haiku fala da súa xornada poética:

Xaponés Transliteración Tradución
旅に病で
夢は枯野を
かけ廻る
tabi ni yande  
yume wa kareno wo  
kakemeguru  
Doente na viaxe  
paséome en soños  
por campos murchos  

Estilo

Bashō non se limitou ás fórmulas tradicionais do xénero, relativas á representación das estacións (kigo) se non que tiña un estilo mais realista e emotivo.[3]

"古人の跡を求めず、古人の求めたるの所を求めよ"

"Non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron"[4]

Xa en vida foi un autor moi popular e o seu prestixio foi aumentando co tempo (no 1793 foi deificado) no sendo até o século XIX que comezaron a aparecer algunhas críticas ao seu estilo.

Obras

  • Oku no hosomichi (Sendas de Oku)

Libro de viaxes, que en cada páxina conten un pequeno relato en prosa e un haiku inspirado por el. Non está traducido ao galego, porén existe unha tradución española de Antonio Cabezas García na Editora Hiperión:

Senda hacia tierras hondas : Oku no hosomichi ISBN 84-7517-390-X

Algúns dos seus haikus foron traducidos ao galego na recompilación 77 haikus, de Consuelo García Devesa.

Notas

  1. Existen moitas traducións amplamente diferentes deste poema, o significado literal é o que se transcrebe, a segunda palabra, ike, pode tamén traducirse por pequeno lago, poza [1]
  2. Publicado en 1702, o libro describe una viaxe realizada por Bashō durante a primavera e o outono de 1689, de Edo á rexión de Oku. A viaxe durou 156 dias, percorridos a pé.
  3. Ueda, Makoto (1970). Matsuo Bashō. Tokyo: Twayne Publishers. Páxina 50
  4. "Words by a Brushwood Gate" (柴門の辭)

Véxase tamén

Ligazóns externas