Lobo frontal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 24 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q749520
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
a[[Ficheiro:Lobes_of_the_brain_NL.svg|thumbnail|250px|Lobos cerebrais:

[[Ficheiro:Lobes_of_the_brain_NL.svg|thumbnail|250px|Lobos cerebrais:

Azul: [[Lobo frontal]]

Azul: [[Lobo frontal]]

Verde: [[Lobo temporal]]

Verde: [[Lobo temporal]]

Revisión como estaba o 30 de maio de 2013 ás 10:41

Lobos cerebrais:
Azul: Lobo frontal
Verde: Lobo temporal
Rosa: Lobo occipital
Amarelo: Lobo parietal

O lobo frontal ou lóbulo frontal é un lóbulo cerebral do córtex cerebral. Nos seres humanos é unha parte altamente desenvolvia e dunha medida superior á do resto dos animais. Atópase situado por diante dos lobos parietais. Filoxenéticamente é o máis tardío e iso quere dicir que soamente está desenvolvido en animais máis complexos, en especial os homínidos.

As súas funcións relaciónanse coa atención, a memoria a longo termo e a capacidade de planificar a propia acción mediante a elección e o establecemento dos obxectivos. Tamén é responsábel do mecanismo que permite comparar feitos ou corpos e chegar a conclusións sobre semellanzas e diferenzas entre eles. A afectación da área 44, chamada tamén área de Broca e contida dentro do lobo frontal, provoca unha afasia denominada afasia de Broca. Esta área encárgase da produción da linguaxe.

Véxase tamén

Outros artigos