Jaime Pita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q9010610
m engado a Categoría:Nados en 1944 mediante HotCat
Liña 16: Liña 16:
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]]
[[Categoría:Nados en Betanzos]]
[[Categoría:Nados en Betanzos]]
[[Categoría:Nados en 1944]]

Revisión como estaba o 27 de maio de 2013 ás 22:09

Jaime Alberto Pita Varela, nado en Betanzos o 13 de xuño de 1944, é un político galego do Partido Popular, e foi vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia no último mandato do fraguismo.

Traxectoria

É neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.

En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesar da derrota, obtivo o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, compaxinou esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.

En 1999 foi nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimitiu coma concelleiro de Betanzos. Mantivo o cargo no seguinte goberno da Xunta ata o ano 2005]].


Predecesor:
Dositeo Rodríguez
 
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas
 
1999 - 2005
Sucesor:
José Luis Méndez Romeu